Aprobado o proxecto da humanización da travesía de Palmeira, en Ribeira, que prevé un investimento de máis de 2,8 M€

23 Maio 2023

A Xunta acaba de aprobar o proxecto para humanizar a travesía de Palmeira, no concello e Ribeira, que prevé un investimento de preto de 2,8 M€. 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé licitar no verán as obras para iniciar a súa execución no outono.  

O obxectivo é transformar o treito da AC-305 que discorre por Palmeira nunha rúa, adaptándoo aos diferentes contextos que atravesa, integrándoo e recuperando o seu carácter humano. 

As obras consisten na humanización dun tramo da estrada, entre os puntos quilométricos 35+400 e 36+500, no seu transcurso por Palmeira. Para isto, as actuacións proxectadas están dirixidas a reducir a velocidade máxima permitida no tramo urbano a 30 km/h., a priorizar a mobilidade peonil e o reforzo das conexións transversais. 

Tamén se prevé acompañar os sinais de límite de velocidade mediante ferramentas que xeren un carácter de vía lenta, como redución de ancho de carril, plataformas únicas ou arborado. 

Ademais mellorarase a accesibilidade das vivendas lindeiras, na medida do posible, con pasos de 180 cm como mínimo.

Executarase unha banda verde que acompañará durante toda a intervención o percorrido entre a calzada e a beirarrúa, un xardín con céspede e flores que permitirá os percorridos transversais. 

Esta intervención enmárcase no proxecto “De estrada a rúa” que a Xunta desenvolve, da man da Fundación RIA, na estrada AC-305 ao seu paso polos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, sumando un orzamento estimado de 12 M€.O proxecto, no seu conxunto, recolle 5 propostas de intervención ao longo de 5 quilómetros da estrada AC-305, naquelas zonas nas que se rexistra unha maior conflitividade entre o tráfico rodado e o tránsito peonil.

Outros artigos

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

Achan cadáver flotando no mar en Rianxo

Esta tarde, ao redor das catro, foi localizado o cadáver dun home flotando no mar, á altura de Punta Abuín, na desembocadura del Río Ulla, na parroquia de Leiro. Aínda que aínda falta a confirmación oficial, sospéitase que podería tratarse de Félix Triñanes Sánchez,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...