
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia vén de confirmar ao Concello de Ribeira os
fondos para a creación na parroquia de Aguiño dunha Escola Infantil Municipal, a segunda do municipio despois da que existe no barrio de Cubeliños.
Esta gardería terá contará cun total de 41 prazas, das cales 8 corresponderán a un tramo de idade de entre 0 e 1 ano; 13, de 1 a 2 anos; e 10, de 2 a 3 anos.
A inversión prevista polo Concello á hora de poñer en marcha este novo servizo ascende a algo máis de 240.000 euros.
A administración municipal está traballando xa en atopar ubicación para o novo servizo, barallándose dúas posibles ubicacións.


