“Rodeemos a Xunta, unha convocatoria do ecoloxismo a prol doutra enerxía eólica”. Antón Luaces

22 Abril 2023

Unha cadea humana tentará este domingo, 23 de abril, rodear o edificio administrativo da Xunta en San Caetano (Santiago de Compostela) para esixir ao goberno galego que se denegue a autorización aos máis de 75 proxectos eólicos que poderían ser aprobados “de xeito inminente”, cadrando coa data límite -25 de abril- para acadar dita autorización.

Esta acción de protesta está convocada pola Coordinadora “Eólica así non”, que tamén esixirá a paralización doutros máis de 150 proxectos eólicos que aínda están  en tramitación, mentres non haxa unha planificación enerxética ao servizo do pobo, xusta e sustentable, mentres non se ratifican os dereitos de participación pública “usurpados polas leis de depredación e simplificación da Xunta de Galicia”, segundo os convocantes. O que para nada significa negacionismo.

Malia algunhas informacións interesadas ao respecto,  que acusan ás organizacións e  entidades asinantes deste tipo de convocatorias de protesta contra as eólicas, non son estas as que se rexeitan, convencidas como están de que as enerxías renovables (non dependentes  da combustión  de restos vexetais e outros organismos vivos que se foron  descompoñendo cos anos e acumulándose no subsolo terrestre como o carbón , o petróleo ou o gas natural) son a vía para encamiñar un cambio climático que beneficie á humanidade

sen prexudicala como poden facer, e de feito fan, as eólicas terrestre e mariña coñecidas.  

Apàrte dos prexuizos que se derivan dos combustibles fósiles.hai outros que determinan algúns dos renovables, neste caso os eólicos mariños e terrestres: os primeiros, derivados dos problemas que as regulamentacións do uso dos aeroxeradores impoñen por exemplo á pesca -impedindo a práctica deste ancestral sistema de manutención e as consecuencias socio-económicas  que ese sistema ten para a sociedade- ou ás entidades de poboación  obrigadas a convivir cos aeroxeradores  terrestres e os ruídos que estes producen ao tempo que, uns e outros, alteran os biorritmos de especies animais como distintas familias de peixes e mamíferos mariños, aves e paxaros.

Son conscientes os que promoven “rodear” o edificio da Xunta na capital galega este domingo, de que a única alternativa ás enerxías fósiles (que se van acabar algún día) son as renovables, e confían nas eólicas, mais non a calquera prezo. De ahí que sempre falen de “así non”, sabedores de que existen medios para a convivencia dos sistemas de explotación  das eólicas e a vida cotián en aldeas e vilas, ao igual que o traballo dos milleiros de homes e mulleres adicados á pesca mariña.

Queren á eólica, pero non así. Debera entenderse.                

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.