
A avoa de Ribeira ,Consuelo Mariño Folgar, faleceu este mércores ós 107 anos de idade. Naceu no barrio de Deán Pequeno o 11 de xullo de 1915 e casou con Enrique Agrafojo e tivo catro fillos, dedicando boa parte da súa vida -ata que o seu marido, que traballaba fóra, volveu a Ribeira- a moer fariña. Tamén era moi coñecida porque percorría as casas da localidade vendendo pan de millo.
Os seus últimos anos pasounos instalada no centro da cidade, vivindo cunha das súas fillas, onde o xullo do 2021 recibiu a homenaxe do Concello de Ribeira polos seus 106 aniversarios coa entrega dun ramo de flores.
A súa familia, que non recibe duelo, daralle o último adeus mañá xoves. Ás 10.50 horas está prevista a saída do tanatorio cara ao cemiterio municipal, onde recibirá sepultura. Acto seguido celebrarase o funeral na igrexa parroquial de Santa Uxía.




