Ribeira contará con FP Dual de cociña e restauración no Mercado

03 Abril 2023

O Concello de Ribeira e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades alcanzaron un acordo para a implantación do ciclo formativo de formación profesional básica de Cociña e restauración na modalidade dual no Concello de Ribeira nas instalacións do Mercado Municipal.
Así a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades autorizará para o curso 2023-2024 a oferta do ciclo formativo de formación profesional básica de Cociña e restauración na modalidade dual no CIFP Coroso de Ribeira. A impartición destas ensinanzas nas instalacións do Mercado Municipal realizarase:  O primeiro curso do ciclo formativo de formación profesional básica de Cociña e restauración, curso 2023-2024, na Aula taller de cociña, sita no segundo andar do Mercado Municipal.
 O segundo curso do ciclo formativo de formación profesional básica de Cociña e restauración, curso 2024-2025, nun taller de restaurante e cafetería que se implantará no primeiro andar do Mercado Municipal.
O Concello de Ribeira asume o compromiso de poñer a disposición da Consellería as instalacións referidas, así como de acondicionar os espazos e prover o equipamento necesario para impartir as
ensinanzas obxecto da colaboración.
Neste senso, para o curso 2023-2024 porá a disposición as instalacións do segundo andar onde se impartirán os módulos do primeiro curso do ciclo na Aula taller de cociña e realizará unha serie
de intervencións, como o cubrimento da tarima de madeira existente cunha lámina ignífuga e antiescorregadiza de material tipo caucho ou PVC, moble de barra e moble traseiro cafeteiro, botelleiro,
equipamento de mantelería e panos de restaurante, equipamento de facturación (TPV táctil con sistema de pedidos electrónicos portátiles), moblaxe, cubertería, louza, cristalería, enxoval e roupa de restaurante, e outros elementos. Para a dotación deste material tomarase como referencia 30 comensais.

Inauguradas en outubro de 2019, as instalacións de cociña e hostalería do mercado deron formación ata agora a tres obradoiros de emprego: O Pote I, O Pote II e Tahume VII, este último actualmente en funcionamento compartido entre Ribeira e Porto do Son e que se prolongará ata o mes de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.