Deixouno ben claro Alfonso Rodríguez Castelao: os vellos non deben namorarse. E agora, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) estabelece unha norma pola que os condutores de máis de 70 anos de idade, deberán renovar cada dous anos o seu permiso de conducir. Este amplo colectivo de “veteranos” considérase prexudicado pola medida que, ainda que non lles afecta económicamente dado que están exentos do pagamento das taxas de Tráfico, sí deben aboar os gastos da proba psicotécnica: arredor de 20 euros. A maiores, obviamente, o feito de se ter que facer as probas estipuladas pola propia DGT para poder acceder ao citado permiso de conducir cada vinte e catro meses, cuestión que conleva en certa medida un máis ou menos alto grao de stress por ter que superar tal control.
Os titulares de carnés de conducir con máis de 65 anos de idade ou maiores de 70, verán polo tanto, reducido o período de renovación para que se cumpra o obxectivo da DXT, que non é outro que mitigar o volume de vítimas mortais ao volante que, segundo o informado pola mesma Dirección, constatan que un 30% dos falecidos en accidente de tráfico na Unión Europea son maiores de 65 anos, o que leva a considerar que os veteranos -ao igual que pasa cos máis xoves- requiren dunha regulación específica, algo que polo de agora non sinalaba desta casuística que tantos percances xera au tráfico rodado.
Como é coñecido, xa non é necesario que os españois agarden á maioría de idade para conducir legalmente un vehículo. O permiso B1 estará dispoñible en 2024 para maiores de 16 anos que conduzan un microcoche. Redúcese, polo tanto, a vehículos que non superen os 400 quilogramos e cunha potencia máxima de 15 Kw, polo que os coñecidos como “urbanitas eléctricos” serán os máis desexados polos adolescente a partir do vindeiro ano.
Por unha banda redúcese a idade para comezar a conducir e, pola outra, a DXT aplica novas restricións aos maiores de 65 anos, que deberán renovar o seu permiso de conducir cada cinco anos, fronte aos 10 esixidos anteriormente. Este período será de 2 anos para os condutores de máis de 70.
Para efectuar a renovación do permiso de conducir deberán realizar e aprobar unha probas físicas médicas. Deste xeito van estudarse millor as aptitudes físicas e reacción dos máis maiores sen afastalos da estrada definitivamente. Sinxelamente se reducirán os tempos de renovación do carné.
O recurte non afecta ás enfermidades estabelecidas como causas de non renovación, pero sí aumentan a probabilidade de impedir a circulación a certos condutores. Co paso dos anos as doenzas aparecen dun mes para outro xerando un malestar que pode afectar ás aptitudes ao volante e que supoñen a retirada do permiso de conducir.