Manolo Ruíz apelou nunha abarrotada Casa do Mar a traballar pola maioría absoluta para seguir conquerindo a transformación de Ribeira

21 Abril 2023

Unha abarrotada Casa do Mar foi o escenario onde na noite de onte Manuel Ruiz Rivas fixo a
presentación da súa candidatura para as eleccións municipais do 28 de maio: unha lista integrada por 27 homes e mulleres, con representación das nove parroquias do municipio e dos distintos sectores que representan a nosa sociedade.

O evento contou coa participación do secretario xeral do Partido e vicepresidente 2º da Xunta, Diego Calvo; da conselleira do Mar Rosa Quintana, e da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, quen ademais pecha simbolicamente co número 21 a candidatura do Partido Popular de Ribeira.

Conducido por Elvira Pisos, o acto tamén contou coas intervencións de María Sampedro, número 2 na lista, quen relatou os innumerables atrancos que se están a vivir nesta lexislatura dende a irrupción daqueles que fai catro anos prometeron unha nova maneira de facer política.

“Aqueles que viñan a cambiar a forma de gobernar… —dixo— claro que cambiaron a forma de gobernar: podreceron e dividiron este pobo e trouxeron a crispación ao salón de plenos”, e puxo como exemplo máis recente das contrariedades que está a atravesar o Concello o rexeitamento o pasado luns dos orzamento municipais, poñendo en risco incluso a continuidade de servizos esenciais como a atención ao fogar a persoas dependentes.

O momento álxido da noite tivo lugar cando no medio dun estrondoso aplauso, un emocionado Manuel Ruiz Rivas dirixiuse ao atril e as súas primeiras palabras foron de recordo aos seus pais, que a diferenza de presentacións pasadas xa non están. Ruiz deu as grazas aos concelleiros salientes, que demostraron a súa lealdade (“algo que xa non se estila”, dixo) e tamén a todos os que se quixeron sumara ao proxecto. “Hoxe podo dicir que presento a lista que quería presentar”, afirmou.

Manuel Ruiz sinalou que pese as dificultades vividas (entre elas, unha crise económica ou unha pandemia) Ribeira está conseguindo moitísimas cousas, “e esas cousas non se conseguen por casualidade: chámase
planificación”, e enumerou durante once minutos gran número das actuacións que coa axuda da Xunta ou doutras administracións se están a levar a cabo: a variante, o centro de atención a infancia, a nova residencia da terceira idade, o módulo de atletismo e taekuondo, o reforzo da auga do Ulla, a ampliación de Urxencias, a ampliación do Hospital, o Centro de Saúde, a humanización da estrada AC-305 ao seu paso por Palmeira, a remodelación do porto de Palmeira, o arranxo das casas do mar e colexios do municipio, a nova comisaría, a rehabilitación da UAD e do Conservatorio, o novo paseo do Río Pedrín, a futura Senda de Coroso, os futuros paseos da Ameixida e A Fonteseca, a reforma da fronte marítima
de Aguiño, o Museo do Mar, os Paseos do Malecón e Carolinas, a Casa do Concello, a Biblioteca, a sede do Club de Remo, etc.
A Ribeira nova
Ruiz Rivas avanzou que a gran transformación de Ribeira e das súas parroquias darase nestes catro anos, e que non se pode permitir un cambio de goberno que poña en perigo a perda de cartos europeos por
non ser capaz de executalas a tempo. “Eu dediqueime ata agora a intentar que a Ribeira vella, o que xa existía, fora mellor para vivir que o que tíñamos; e agora vou pola Ribeira nova”, asegurou, explicando que as propostas concretas para acadar esa Ribeira nova desvelaraas cando presente o seu programa electoral.

“Pídovos a vosa axuda, porque se os que hoxe están no Concello teñen once concelleiros, podedes estar seguro de que os que vos está falando non será o voso alcalde; e só hai unha forma: que os consigamos nós”, concluíu.

O evento pódese ver íntegro a través da páxina de YouTube do Partido Popular de Ribeira:

A lista está confeccionada da seguinte maneira:
1- Manuel Ruiz Rivas
2- María Sampedro Fernández
3- Ana Isabel Barreiro Rego
4- Alejandro Vidal Álvarez
5- Manuel Emilio Pérez Outeiral
6- Manuel Vicente Reiríz Bretal
7- Víctor Reiríz Lampón

8- Ramón José Doval Sampedro
9- Carmen Pérez Gómez
10- Estrella Franco Lijó
11- Eladio Muñiz Muñiz
12- Rubén Lijó Santos
13- Juana Maria Brión Santamaría
14- Ana Outeiral Martínez
15- María Jesús Paz Vázquez
16- Manuel Ángel Reiríz González
17- David Fernández Fernández
18- María Teresa Cimadevilla Crujeiras
19- María José Carreira García
20- Elvira Pereira Ageitos
21- Fabiola García Martínez

Suplentes
1- Javier Ventura Sampedro Ageitos
2- María Carmen Vizcaya Sampedro
3- Francisco Sieira Fernández
4- María del Pilar Doval Saiñas
5- Juan Luis Martínez Queiruga
6- Elvira Pisos Arnoso

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal mostra xa ao Valle-Inclán máis íntimo

A cesión de obxectos persoais e mobiliario do Pazo da Mercé onde residiu o autor, xunto á súa biblioteca persoal, completa a colección do seu museo na localidade coruñesa. O pleno do concello da Pobra do Caramiñal aprobaba esta mesma semana unha corrección de erros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Oporto”. Alberto Barciela

“Oporto”. Alberto Barciela

Oporto puede seguirse en el sentido serpenteante de un río, o en la vertical de un océano, ascenderse o descenderse por meandros encajados en calles que a veces semejan acantilados, que siempre se precipitan hacia agua, una urbe universal cerca del tiempo que le tocó...