Incautados en Fisterra 800 quilos de mexilla transportada de xeito supostamente ilegal

22 Abril 2023
Mussels Mytilus galloprovincialis colony on intertidal rock of Galicia, Spain

Antón Luaces.- Cando aínda non desapareceran totalmente dos corpos dos bateeiros as marcas das defensas dos policías antidisturbios que cargaron contra deles vai unha semana en Santiago de Compostela, durante unha concentración en protesta pola  indefinición na que se atopa o labor de extracción da mexilla para trasplantala ás cordas de engorde das bateas, dous barcos -un con base en Cee e o outro en Fisterra- descargaron na rambla de Espiñeiro (perto da vila fisterrá) un total de 800 quilos de mexilla cuxa procedencia non se fixera pública á hora na que redacto esta crónica. 

A Garda Civil e máis o Servizo de Gardacostas de Galicia, nunha intervención conxunta motivada por esta acción irregular dos barcos (non ter vendida e comercializada en lonxa a mexilla que transportaba un vehículo ao que esta fora trasladada desde as embarcacións) localizaron eses 800 quilogramos de mexilla no interior do vehículo intervido, distribuida en 40 sacos, que fora descargada dos pesqueiros na devandita rambla de Espiñeiro. Unha vez efectuado o desembarque de mexilla, os barcos puxeron rumbo a Fisterra e o vehículo tomou dirección a Corcubión.

O Servizo  Marítimo da Garda Civil (SEMAR) levantou acta da carga transportada no coche por suposta infración á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia por trasladar produtos da pesca carecendo da documentación regulamentaria e polos ter adquirido fora das canles legais de comercialización (a mexilla non  dispuña da documentación esixida pola citada lei, que estipula asimesmo a obriga de levar a guía de circulación en calquera tipo de desprazamento).

As investigacións policiais deberán agora determinar a procedencia da mexilla e o seu destino, o que pode abrir novas vías que permitan saber ata que punto este tipo de actuacións poden incidir no enfrontamento  entre  bateeiros e percebeiros e mesmo quen está detrás ou se beneficia do labor realizado -posiblemente non por primeira vez- polos armadores dos barcos e as tripulacións destes.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.