“Estaleiros Armón, de Vigo, constrúe unha nova patrulleira oceánica para a Garda Civil do Mar” – Antón Luaces

03 Abril 2023

Ás 12,00 horas deste luns, 3 de abril, o ministro do Interior Fernando Grande-Marlaska Gómez, acompañado do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas Puchades, asistirá nos Estaleiros Armón, de Vigo, ao acto de presentación e botadura da nova patrulleira da Garda Civil do Mar “Río Luna”.

Este nome dun río leonés designará á máis nova patrulleira oceánica que substituirá no seu momento á veterana “Río Miño”, construída en 1984 e reformada en 2017 no estaleiro que Armón ten en Burela.

O valor da “Río Luna” é de case que 35 millóns de euros. Este buque ten unha eslora de 85 metros e prestará servizo na comandancia de Pontevedra. Pertence á clase Guardamar e ven ser, sobre todo, unha nave de busca e rescate, plataforma intermedia entre os remolcadores e as embarcacións rápidas, aínda que con maior capacidade de rescate e remolque e unha maior autonomía. Poderá actuar a certa distancia da costa, mesmo en misións que se prolonguen durante varios días. Ten capacidade para dar acubillo ata a 30 náufragos.

O Servizo Marítimo da Garda Civil vai utilizar esta embarcación para a patrullaxe marítima, a represión do contrabando e o control da inmigración ilegal. Tamén poderá ser empregada en misións de salvamento, loita contra a contaminación ou tarefas de axuda humanitaria, xa que logo dispón dunha plataforma polivalente de 20 metros de eslora para localizar provisoriamente a náufragos.

A “Río Luna” dispón  dun sistema de propulsión eléctrico que permite un aforro de combustible do 60%.

O Servizo Marítimo da Garda Civil (SEMAR) é a unidade responsable da vixilancia das augas territoriais españolas. Desde a súa creación en 1991, a súa actividade significouse especialmente na utilización de equipos avanzados para manter a alta velocidade e a manobrabilidade das súas embarcacións.

A “Río Luna”, xunto á “Río Sil” (que entrou en servizo en 2022) únese a un grupo de patrulleiras de intervención rápida que prestan asistencia tanto ao propio SEMAR como á Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, SASEMAR.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.