Asinado no Concello de Ribeira o convenio de xestión do centro de acollida de cans do municipio

17 Abril 2023

O Concello de Ribeira e a Asociación Save an Angel veñen de subscribir o convenio de colaboración para a xestión do centro de recollida de cans e gatos de Ribeira. O acordo foi subscrito polo alcalde Manuel Ruiz e por Maria del Carmen Campaña.

O convenio ten por obxecto a prestación dos seguintes servizos:

1. Recollida de animais de compañía abandonados, errantes, feridos ou enfermos nas vías e espazos públicos, en toda a extensión do territorio de Ribeira, e traslado a centro de acollida. Conforme ás cláusulas do acordo, o servizo de recollida de animais prestarase de forma continuada todos os días do ano en horario diúrno (de 08.00 a 22.00 h.), mesmo festivos. En horario nocturno (de 22.00 a 08.00 h.) atenderanse os servizos de máxima prioridade.

2. Identificación, saneamento e mantemento dos animais de compañía recollidos.

3. Xestión do centro de recollida e aloxamento.

4. Servizo de visitas e adopción de cans e gatos. A atención para reclamacións, trámites de adopción de animais e recepción de animais de particulares por imposibilidade de facerse cargo do seu coidado será realizado pola entidade seleccionada, como mínimo, de luns a venres en horario partido de mañá e tarde (mínimo de 4 horas/día), e sábados en horario de mañá (mínimo de 2 horas).

5. Eutanasia humanitaria e xestión de cadáveres. De conformidade co previsto no artigo 15.4 da Lei 4/2017, de 3 de outubro, non se poderá dar morte aos animais acollidos nun centro de recollida ou fogar de acollida temporal, con independencia do tempo transcorrido desde a súa entrada. Non obstante, exceptúase da prohibición establecida no punto anterior os supostos de eutanasia do animal debidamente motivados por escrito polo servizo veterinario, co fin de evitarlle un sufrimento grave e irremediable ou unha afección grave, ou ben por razóns motivadas de sanidade ou benestar animal, de saúde pública, de seguridade das persoas, ou ambientais.

6. Medidas para a tenza responsábel e o control de abandonos.

7. Campañas de control e captura de colonias de cans e gatos.

8. Páxina web e redes sociais.

O prazo de vixencia deste convenio é de tres anos, podendo porrogarse polo período máximo dun ano máis.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...