A técnica do linogravado centra dous novos obradoiros do Museo do Gravado de Artes

15 Abril 2023

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai realizar esta primavera dous novos obradoiros de gravado que porán o foco na técnica do linogravado e que están dirixidos pol profesor José Fuentes Esteve (Universidade de Salamanca e Instituto Universitario de Investigación en Arte e Tecnoloxía da Animación da USAL). Os obradoiros están limitados a 12 prazas e está dirixido a artistas plásticos e/ou licenciados/as en Belas Artes ou xente interesada no mundo da estampa.

O profesor José Fuentes, da Universidade de Salamanca, nunha imaxe de arquivo

Os cursos realizaranse os días 27, 28 e 29 de xuño de 2023 e os días 30 xuño, 1 e 2 de xullo de 2023 no seguinte horario:

Primeiro obradoiro

Martes, 27 de xuño: de 16.00 a 20.00 h
Mércores, 28 de xuño: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h
Xoves, 29 de xuño de 2022: de 10.00 a 14.00 h

Segundo obradoiro

Venres, 30 de xuño: de 16.00 a 20.00 h
Sábado, 1 de xullo: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h
Domingo, 2 de xullo: de 10.00 a 14.00 h

Os profesores que imparten o curso serán José Fuentes e Antonio Navarro.

Levaranse a cabo no Obradoiro do Gravado da Fundación Museo de Artes do Gravado
Lugar de Outeiro, s/n – 15969 – Artes (Ribeira – A CORUÑA)
Tlf.: 981871342
Email: fundartes@gmail.com

PREZO OBRADOIRO: 100 €

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.