“A planificación da eólica mariña acadou xa un punto de non retorno: está todo feito”. Antón Luaces

13 Abril 2023

Pura especulación e gañas de despistar.

O ata o de agora coñecido é tan só o que as partes directamente concernidas nos Plans de Ordenamento do Espazo Marítimo (POEM) quixeron deixar ver ou entender. Persoalmente coido que ese espazo marítimo que han ocupar ducias de aeroxeradores a instalar “a pé de costa” do treito cántabro-atlántico español no que faenan centos de barcos de pesca de cerco, arrastre e artes menores (que dan emprego a non  menos de 10.000 traballadores do mar) xa está cuberto no papel e os ordenadores por máquinas que, grazas ao vento  que zoa case que permanentemente nesa zona marítima, subministrarán megavatios e máis megavatios de enerxía eléctrica que manterá industrias e poboacións enteiras ao tempo que enriquecerá aos accionistas das empresas que instalen e exploten os parques eólicos mariños xa previstos e deseñados.

Nen o Goberno nen as empresas eléctricas fixeron público o total do seu plan, mais semella claro que a estas alturas do seu labor calado e constante xa saben de rendabilidades económicas e a quen outorgar estas.

É cuestión de tempo. Sen presa, pero sen pausa. Sábeno ben no Foro Eólico Mariño, unha plataforma que se confesa “con vocación social e participativa” que afirma ter como obxectivo “aglutinar o interese común de actores sociais, económicos, académicos e de investigación, tanto públicos como privados” en torno a un mesmo fin: “dar pulo aos proxectos eólicos mariños  nas costas españolas como motor estratéxico e tractor do progreso social e económico de España”.

Este Foro enxerga os intereses de máis de 265 organizacións que participan, dun ou doutro xeito, no desenvolvemento da eólica mariña en España: fabricantes, promotores, empresas da cadea de valor, sindicatos, estaleiros, portos, colexios profesionais, universidades, centros tecnolóxicos e de I+D+i. asociacións e profesionais. Unha entidade que afirma ter tras de sío máis de 100.000 empregos. Ningún deles, que se saiba, ligado ao sector pesqueiro.

Nun  comunicado difundido vai dous meses defendía a súa idea de instalar nas costas españolas 3.000 megavatios de potencia eólica frotante nas costas españolas en 2030, unha proposta que, por certo, corresponde coa do Goberno, que deu a coñecer fai tres anos  un Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima no que estabelecía o mesmo horizonte (entre 1.000 e 3.000 megavatios de potencia eólica mariña) como obxectivo 2030 para España. O sector dixo estar listo para asumir a empresa e o Goberno deu o seguinte paso e elaborou os Plans de Ordenamento da España Marítima, os POEMs, que ordenan máis dun millón de quilómetros de augas territoriais españolas, xa aprobados e que priorizan a defensa nacional, a conservación do medio mariño e a navegación mariña, incumpridos en  todos ou cada un dos casos porque as augas vencelladas a intereses relacionados coa defensa nacional quedan prohibidas para a eólica mariña, e a conservación do medio mariño e a navegación marítima tamén quedan fora de discusión por canto a defensa do medio ambiente é prioritaria e o Goberno entende que a prioridade debe estar sempre do lado dos navegantes.

A futura actividade eólica mariña está restrinxida, a día de hoxe, a 19 polígonos ubicados fronte aos 8.000 quilómetros de costas españolas. Estes 19 polígonos suman 5.000 quilómetros cadrados, menos do 0,5% das augas ordenadas, nas que se poderán instalar 200 aeroxeradores de q5 megavatios de promedio cada en seu, de xeito que en 2030 bastaría con 200 viraventos para obter o obxectivo estipulado: 3.000 megavatios que ocuparán o 0,090% das augas españolas e expulsarán, con todas probabilidade non menos de 10.000 traballadores do sector pesqueiro.

Malia todo, a industria eólica mariña mantén en pé que os parques eólicos

Mariños “benefician á industria pesqueira” porque “constitúen arrecifes artificiais que atraen vida (nada din os promotores da idea de que  os aeroxeradores espantan os peixes co ruido e as vibracións que xeran, e que prexudican a existencia de aves e mamíferos mariños), que benefician aos portos, estaleiros e a súa contorna porque xeran actividade industrial  e, deste xeito, a creación de emprego e o desenvolvemento de zonas en moitos casos en situación socioeconómica crítica, ao tempo que benefician o coñecemento e a conservación do patrimonio natural”.

Unha declaración gobernativa posterior formula a declaración ambiental estratéxica dos POEMs; elimina a categoría de uso prioritario para a enerxía eólica mariña que no primeiro borrador dos POEM contemplaba zonas de uso prioritario para a enerxía eólica mariña. A día de hoxe non é así: reduce en mais dun 38% -segundo o Foro xa citado- as zonas compatibles cos parques eólicos mariños inicialmente identificados no borrador para, ao parecer, “facilitar unha coexistencia coas actividades pesqueiras” e reduce esas zonas en varios casos para minimizar a interacción dos parques coa pesca de fondo: arrastre, palangre, etc.

Onde e como conflúen os intereses dos integrantes do Foro, que para nada contan co sector estractivo, é algo que nen sequera mencionan.

Outros artigos

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...

+

“Xúbilo de xubilado”. Xulio Xiz

En tempos, o Servizo Militar era para os rapaces, mais ca oportunidade de ver mundo e cerimonia de iniciación á vida de maiores, corte no estudo ou no traballo para mergullarse nun mundo hostil difícil de entender. Librei da Mili polos peores motivos (físicos e...

+

“Grave non, o seguinte”. Antón Luaces

Este venres foi o cumpreanos do meu fillo máis novo. Cadra o aniversario coa celebración do Día Internacional da Liberdade de Prensa, cuestión que sempre lembro, ao igual que me pasa coa segunda das fillas, que cumpre anos no Día Mundial da Radio. Son feitos que,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Energía positiva a los cien años”. José Castro López

“Energía positiva a los cien años”. José Castro López

Mario Benedetti nos dejó el poema “Aquí no hay viejos”, un canto a la vejez que elpoeta entiende como un regalo que nos carga de experiencias y saberes envueltos en unmontón de recuerdos del ayer. “Aquí no hay viejos, solo que nos llegó la tarde, unatarde cargada de...

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...