A Deputación convoca un concurso de microvídeos para loitar contra a violencia de xénero dixital

24 Abril 2023

A Área de Igualdade da Deputación da Coruña que xestiona a deputada María Muíño convocou o I Concurso de microvídeos De fronte á violencia de xénero, que nace co obxectivo de seguir avanzando, mobilizando a creatividade e a implicación da xuventude, cara a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes e a prol da erradicación das agresións. Porase o foco, a través do formato e das canles de difusión elixidas, en loitar contra a violencia de xénero dixital.

A participación está aberta a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos que se presenten individualmente ou en grupo, contando co apoio e a orientación doutras persoas, das familias, contorna ou persoal docente do centro de estudos ao que se adscriben.

Os e as participantes deberán achegar un único microvídeo orixinal e inédito, non premiado con anterioridade nin difundido publicamente por ningún tipo de soporte nin canle, cunha duración mínima de 30 segundos e máxima de 90, en galego e atendendo á perspectiva de xénero.

O obxecto do certame é elaborar contidos a través dos cales se impulse a reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención das violencias de xénero dixital, entendidas estas como todas as condutas de violencia de xénero que se exercen a través das novas tecnoloxías, redes sociais ou en Internet. Preténdese tamén que a poboación adolescente cree debate, reflexión, mobilización e cambio social sobre o ciberacoso, o sexting, a sextorsión, o stlaked, o grooming, o shaming, o doxing ou calquera outra forma de acoso nas redes.

A convocatoria tramitarase de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.