A Asociación de Empresarios de Ribeira fai efectivo este mércores o premio da campaña do Día do Pai

12 Abril 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira vai facer efectivo este mércores 12 de abril o premio de 1.000 euros outorgado con motivo do Día do Pai, entregado, como lembraremos, o pasado 24 de marzo. Será a través dun acto formal convocado en Opticalia, ás 18.30, que é o establecemento que outorgou o dito premio. Asistirán o presidente da patronal de Ribeira, Francisco Martínez Gude, o concelleiro de Comercio, Ramón Doval, o gañador do premio da campaña do Día do Pai, Andrés Crujeiras, e unha asistente persoal que lle axudará a gastar a dita contía nos comercios participantes na iniciativa. Esta campaña resultou novamente un éxito de participación, tal e como salientou os días pasados o presidente da asociación, destacando que en dúas semanas puideron ser rexistrados máis de 2.500 tíckects. Esta campaña estivo co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.