A ANPA do CEIP de Portosín e o delegado da Xunta afondan nos retos do novo centro educativo da vila

28 Abril 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, mantivo este venres 28 de abril un encontro de traballo cos representantes da ANPA do CEIP de Portosín. Na reunión recolleron as demandas deste colectivo e abordaron os retos de futuro coa construción do novo centro educativo que estará emprazado na contorna do Mariño.

O de Portosín será o segundo colexio de Galicia construído integramente baixo os parámetros do denominado plan de nova arquitectura pedagóxica. “Son centros máis amplos e saudábeis, estarán mellor integrados nas contornas e, o que é máis importante aínda, virán preparados para ser versátiles e dar resposta ás necesidade do ensino dás próximas décadas”, puntualizou Trenor.

O delegado tamén animou aos representantes da ANPA a solicitar, a través da Federación de ANPAS das que forma parte a entidade sonense, as axudas dirixidas a confederacións, federacións e asociacións de nais e pais do alumnado e para as asociacións de centros de educación especial que contan cun orzamento total de 60.271€, e que teñen por obxectivo de promover a súa actividade.

Trenor explicou que as axudas van destinadas tanto para a realización de actividades como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariábel e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado. A subvención é compatíbel con outras axudas outorgadas por outra administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.