Pesar na Pobra pola morte do médico, Ramiro Villoch

11 Marzo 2023

A Pobra perdeu a Ramiro Villoch Herrera, coñecido por levar máis de catro décadas exercendo como médico na vila, pero tamén polo intenso traballo que levou a cabo para recompilar e perpetuar parte da historia da vila e da Ría de Arousa no seu conxunto. Faleceu a madrugada deste sábado aos 92 anos.

A súa total dedicación aos enfermos durante os 44 anos que estivo consultando na Pobra valeronlle o título de “Don Ramiro”, xa que era coñecido non só no concello, senón en toda a comarca do Barbanzana, da que chegou a ser médico decano. .

Boa parte desta ardua investigación saíu á luz en 2006, co apoio do Concello da Pobra e o patrocinio da Deputación da Coruña, a través da exposición Tempos de vela, unha mostra que reuniu imaxes e información sobre un gran parte dos veleiros galegos que navegaron pola ría de Arousa durante o século XIX, moitos vinculados a armadores do Barbanza.

Os restos mortais do médico e historiador pobrense están a ser velados no tanatorio Pobra do Caramiñal, desde onde partirán este domingo, ás 16.30 horas, cara á igrexa de Santa María A Antiga. Tras o funeral no templo, recibirán o enterro no cemiterio parroquial.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...