O Museo Casa de la Troya, que este ano celebra o seu 30º aniversario, abre de novo as súas portas durante a Semana Santa ata o domingo 9 de abril

29 Marzo 2023
Foto: Adolfo Enriquez

O Museo Casa de la Troya abre de novo as súas portas ao público durante a Semana Santa.
Poderá visitarse desde este xoves, 30 de marzo, ata o domingo 9 de abril (incluído). Co fin de facilitar as visitas, abrirase tamén os dous domingos, o de Ramos e o de Pascua, pechando unicamente o luns 3 e o martes 4. O horario é o habitual, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Abrirá novamente en maio para comezar a temporada de verán.
Benigno Amor é o director do Museo e presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o Museo. Explica que “as visitas son guiadas e teñen unha duración de entre vinte e vintecinco minutos, en grupos de doce persoas máximo”. Anima a todos os composteláns e aos visitantes a que se acheguen nestas datas a coñecer e percorrer a vella pensión de estudantes que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya.
“Ademais, este ano o Museo celebra o seu trixésimo aniversario. Con tal motivo, desde a Asociación Cultural – Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya estamos a traballar nun programa de actividades para os vindeiros meses, no que terá especial protagonismo Troyanos de Compostela, a agrupación musical do Museo” -indica Amor-.
O 18 de maio desenvolverase unha programación especial para conmemorar o Día Internacional dos Museos. E ao longo do ano organizaranse visitas de colexios de Santiago e da súa comarca e tamén do resto da provincia da Coruña, co fin de que os máis novos coñezan a vida universitaria compostelá de finais do XIX e comezos do XX.

Foto: Adolfo Enriquez

Continuarase así mesmo coas habituais visitas de tunas universitarias e de agrupacións de antiguos tunos procedentes de diferentes partes do mundo.
De maio a outubro regresarán os Roteiros Troyanos, percorridos dramatizados polo centro histórico de Santiago, guiados polo personaxe de Casimiro Barcala, o estudante recreado por Pérez Lugín na súa novela; interpretado desde hai anos por Suso Martínez, historiador, guía turístico, divulgador e actor especializado na historia de Galicia. Un destes roteiros levará o acompañamento de Troyanos de Compostela.
En setembro celebraranse os “V Encontros Troyanos en Compostela”, coa participación dos Tunos Decanos de Iberoamérica. Este evento traerá a Santiago a antigos tunos procedentes de Portugal, México, Puerto Rico, Chile, Colombia e Perú, entre outros países latinoamericanos. A finalidade desta proposta é reunir na capital galega a agrupacións musicais de corda pulsada, conformadas na súa marioría por antigos tunos, co fin de que interpreten o seu repertorio para cidadáns e visitantes. “Con iniciativas como esta remarcamos o carácter de la Casa de la Troya como lugar de peregrinación de tunos e antigos tunos de todo o mundo” -salienta Amor-.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.