O Centro Galego de Avellaneda conmemorou o Día Internacional da Muller e entregou as súas distincións “Barca de Sálvora”

14 Marzo 2023
Foto: Crónicas de la Emigración

A conmemoración do Día Internacional da Muller no Centro Galego de Avellaneda tamén é marco, desde fai cinco anos, da entrega as distincións  “Barca de Sálvora á Muller Galega 2023”, que instaurou a asociación en recoñecemento ao labor incansable e silencioso das mulleres da colectividade, especialmente no seo das entidades galegas.

Esta distinción lembra a memoria de Cipriana, Josefa e María, máis coñecidas como ‘as heroínas de Sálvora’, por participar do rescate de decenas de náufragos do buque Santa Isabel que se afundiu preto das costas de Ribeira en 1921.

Este ano, as distincións estiveron dedicadas a Celia Otero Ledo, Carmen Miñones Suárez e Beatriz Carballo Regueira.

“A partir do recordo e o exemplo que nos deixaron as heroínas de Sálvora, Marta pensou en levar adiante este recoñecemento, como unha homenaxe a persoas que ás veces non son coñecidas, nin recoñecidas, pero que son absolutamente valiosas”, destacou o delegado do goberno galego en Arxentina, Alejandro López Dobarro. “Persoas do montón, xente común, que é a que fai andar o mundo e a partir desa idea, recoñecer o seu valor, o esforzo”, profundou.

Pola súa banda, Susana Carbia, actual presidenta do CRE Buenos Aires, valorou o labor do delgado no recoñecemento “ao cadro marabilloso que ten esta institución”, dixo e agregou: “un cadro que nos ofrece unha imaxe dun momento que é fiel reflexo de de os que son capaces as mulleres para defender o que nos toque defender”.

“Hoxe reúnenos –avanzou Carbia Espiño– o destacar o enorme traballo en colectividade de marabillosas mulleres que nos representan, defendo espazos con capacidade, intelixencia e ben facer”.

“Non foi fácil para as mulleres en moitas institucións ocupar cargos directivos. Os prexuízos e un colectivo particularmente machistas foron un desafío que tivemos que sortear, creo que a maioría o sabemos”, continuou.

“É moito o feito e moito o que queda por facer, defendendo ante todo a igualdade de oportunidades e erradicación de todo tipo de violencia que segue sendo un flagelo sen explicación”, concluíu.

Durante o encontro que animaron os corpos de música e bailes da institución, tamén se destacou o labor de tres mulleres galegas recoñecidas polo seu labor no mundo: Nadia Calvino, vicepresidenta do goberno español; Marta Ortega, presidenta do Grupo Inditex; e Marisol Soengas, Investigadora científica.

Outros artigos

Detido en Boiro un home por venda de cocaína

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido vendendo cocaína na vía pública. A investigación iniciouse grazas a comunicacións anónimas recibidas, que alertaban...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...