
Ao longo das últimas semanas e en diferentes xornadas o alumnado e o profesorado do CEIP Santa Irene (Porto do Son) botouse aos montes da contorna, repetidamente asolados polo lume forestal (principalmente nos meses de verán) co obxectivo de paliar a destrución xerada polos incendios coa plantación de novas árbores autóctonas.

Nas xeiras de traballo, desenvolvidas ao longo de diferentes días, participaron tamén as familias dos pequenos, incluída a ANPA O Campo, e contouse tamén coa colaboración da Comunidade de Montes de Noal. O Concello de Porto do Son salientou o importante traballo pola comunidade educativa e felicitou ás e aos integrantes polo traballo ben feito, e pola importante contribución ao medio natural que representou a súa plantación colectiva. Os traballos remataron nesta recta final de marzo.




