“Muller: un papel definitivo na decisión de que a pesca exista”. Antón Luaces

26 Marzo 2023

Que o papel da muller no sector pesca-industria foi e aínda é dun claro protagonismo nunca buscado por elas, resulta evidente. Especialmente en Galicia, onde a muller tiña que participar directamente nas descargas de  peixe, por exemplo na vila ortegalesa de Cariño -hoxendía concello de seu- carente dun peirao ou porto ata finais dos ano 40 e principios dos 50, o que obrigaba ás embarcacións a achegarse o máis posible á zona intermareal para, evitando o varamento de lanchas, traíñas e mesmo tarrafas, posibilitar ás mulleres -case que todas elas cualificadas coma fixas-discontínuas nas fábricas de conserva, onde non sempre cotizaban  por elas á Seguridade Social- as tarefas das descargas, que se facían entrando elas no mar ata que este lles chegaba ao peito  após pasarlles os homes (mariñeiros) as patelas (cestos) co peixe a carrexar á cabeza ata as coserveiras para as que traballaban.

Estaban tamén as atadoras ou redeiras, ben visibles en portos como os da Coruña (no antigo peirao de Santa Icía, no Parrote, na praza da fábrica de tabacos, etc.), no propio Campo, en Cariño; no peirao de Ribeira, no da Pobra, na Illa, en Muros, Sada, Porto do Son, Portosín, Aguiño, Pontedeume, Rianxo, Fisterra, Malpica, Viveiro e un longo etc. portuario galego.

Sempre a muller presente na actividade pesqueira, pero nunca para ela -ata o de agora- o recoñecemento do seu papel neses traballos que se ampliaron posteriormente ao papel de armadoras, tripulantes, mandos a bordo dos pesqueiros, mariscadoras, percebeiras… indispensables hoxendía para a tan necesaria remuda xeracional.

Na actualidade son perto de 45.000 as mulleres que traballan en España no conxunto da cadea de valor do sector pesqueiro, o que representa perto do 35% do emprego.

O empoderamento da muller neste eido non ten discusión, se ben é necesario que acade cotas que, malia o salto dado coa aprobación da Lei de Pesca Sostible, ainda ten coma reto no seu empeño a equiparación co home. En virtude desta lei, profesionais cuxo labor resulta especialmente penoso e supoñen un grande desgaste , como as citadas redeiras, neskatillas, empacadoras e mariscadoras a pé Terán por fin  un coeficiente redutor da idade mínima para percibiren a Pensión de xubuilación.

Neste senso, a Portavoz de Pesca do Grupo Socialista galego, Patricia Otero, acusaba esta semana ao PP de “darlle as costas” ás mulleres da pesca. Foi cando rexeitaron a moción socialista que pedía a constitución do Observatorio de Igualdade na Pesca e fixar cotas femininas nos órganos de representación do sector e chamou a atención sobre o feito de que só 3 do total de 63 confrarías

estean encabezadas por mulleres.

Noutras actividades, o panorama é distinto. Por exemplo, no marisqueo a pé, onde 3 de cada 4 son mulleres, ou o 96% dos cadros de persoal de empresas de comercialización son asimesmo mulleres.

Convén lembrar que a Red Española de Mujeres en el Sector Pesquero, ten o obxectivo de dar pulo ao papel da muller no  sector pesqueiro, aportando visibilidade e esforzo ao labor que realizan tanto os diversos colectivos de mulleres do sector como as organizacións adicadas a promover a igualdade de oportunidades neste ámbito de actividade.

Outros artigos

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

+

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.