Este luns penúltimo Pleno da Corporación Municipal de Ribeira na lexislatura 2019-2023

26 Marzo 2023

Este luns 27 de de marzo celébrase a derradeira sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal de Ribeira na presente lexislatura será ás 8 da tarde no Salón de Sesións da Corporación, na modalidade presencial.

Entre os temas a tratar están a municipalización do parquing do Centenario, o acordo de cesión do antigo campo de fúltbol da Sociedade Hijos de Palemira para crear áreas de ocio e esparcemento e de zonas verdes e mellora da dotación de apcardaoiros. Amais a proposición a oposición para que o concello de ribeira cumpra cos acordos plenarios e faga o estudo técnico sobre a estrada cp-7301 como alternativa á circunvalación.

Médico para Corrubedo, propostas de melloras en diversos puntos e servizos do concello, proposición en defensa da pesca e dos ecosistemas mariños son outros dos mais de 30 puntos deste Pleno que pode ser seguido en directo a través da canle de youtube do concello de Ribeira.

ORDE do DÍA

PARTE I.- ADOPCIÓN DE ACORDOS

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DO PLENO ORDINARIO DE 27 DE FEBREIRO DE 2023.

2.- DESIGNACIÓN CRONISTA OFICIAL CIDADE DE RIBEIRA (XOSÉ MARÍA FERNÁNDEZ PAZOS)

3.- CANCELACIÓN CONDICIÓN RESOLUTORIA PARCELA Nº 11, PROXECTO DE COMPENSACIÓN ÁREA DE REPARTO SOLO URBANIZABLE (S.U.Z. 4) PERTENCENTE Á ENTIDADE FONTANAROUSA S.L. ADOPCIÓN DOS ACORDOS QUE PROCEDAN.

4.- MEMORIA MUNICIPALIZACIÓN PARKING CENTENARIO. ADOPCIÓN DOS ACORDOS QUE PROCEDAN.

5.- ACORDO-CONVENIO COA SOCIEDADE HIJOS DE PALMEIRA PARA OBTER A CESIÓN DO ANTIGO CAMPO DE FÚTBOL PARA CREAR NOVAS ÁREAS DE OCIO E ESPARCEMENTO E DE ZONAS VERDES E MELLORAR A DOTACIÓN DE APARCADOIROS.

6.- MODIFICACIÓN COMPOSICIÓN MESA DE CONTRATACIÓN.

7.- APROBACIÓN ORDENANZA FISCAL DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL PARA A INSTALACIÓN DE PUNTOS DE RECARGA DE COCHE ELÉCTRICO.

8.-INICIO EXPEDIENTE DE COMPRAVENDA DOS TERRENOS NECESARIOS PARA A CONSTRUCCIÓN DUN NOVO CENTRO DE SAÚDE. ADOPCIÓN DOS ACORDOS QUE PROCEDAN.

9.-APROBACIÓN DEFINITIVA REGULAMENTO CARREIRA HORIZONTAL. ADOPCIÓN DOS ACORDOS QUE PROCEDAN.

10.-APROBACIÓN DEFINITIVA RELACION DE POSTOS DE TRABALLO EMPREGADOS PÚBLICOS CONCELLO DE RIBEIRA. ADOPCIÓN DOS ACORDOS QUE PROCEDAN.

11.- PROPOSICIÓN CONXUNTA PRESENTADA POR GM BNG D. LUIS ANTONIO PÉREZ BARRAL, gm pbbi d. vicente mariño de bricio, GM PSdeg-psoe d. josé manuel vilas álvarez, E gm mixto-suma ribeira d. xurxo ferrón vidán para que o concello de ribeira cumpra cos acordos plenarios e faga o estudo técnico sobre a estrada cp-7301 como alternativa á circunvalación. 

12.- proposicIón gm pbbi presentada por d. vicente mariño de bricio SOBRE NORMAS DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA RELATIVAS AO USO PÚBLICO E ACTIVIDADES RECREATIVAS NOS ISLOTES DE “GUIDOIRO AREOSO” E ISLA DE RÚA.

13.- proposicIón gm pbbi presentada por d. MIGUEL ANGEL VÁZQUEZ SALGUEIRO SOBRE diseño plan turístico ribeira. decoración e iluminación das ruas.

14.- proposición gm ps de g-psoe presentada por d. josé manuel VILAS ÁLVAREZ SOBRE proxecto de remodelación urbanística no entorno da filgueira, pedrosa e outeiro.

15.- proposición gm mixto-suma ribeira presentada por d. xurxo ferrón vidán sobre FOMENTO DA XESTIÓN DIFERENCIADA DOS RESIDUOS DOMÉSTICOS.

16.- proposición gm ps de g-psoe presentada por d. josé manuel SUÁREZ-PUERTA SIRGADO SOBRE MELLORAS NA ZONA DO MUSEO DO GRAVADO DE ARTES.

17.- proposicIón gm pbbi presentada por d. vicente mariño de bricio SOBRE MELLORAS no centro de saúde de palmeira.

18.- proposicIón gm pbbi presentada por d. vicente mariño de bricio SOBRE MELLORAS tanto no paseo marítimo como na praia de coroso.

19.- proposición gm mixto-suma ribeira presentada por d. xurxo ferrón vidán sobre mellora do hábitat no barrio de xarás.

20.- PROPOSICIÓN GM BNG PRESENTADA POR D. LUIS ANTONIO PÉREZ BARRAL sobre demandar un profesional médico a tempo completo en corrubedo.

21.- proposición gm ps de g-psoe presentada por d. josé manuel VILAS ÁLVAREZ SOBRE QUE SE ELABORE UN ESTUDO/PROXECTO TÉCNICO DUNHA PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO PÚBLICO DE A GÁNDARA A AXEITOS.

22.- proposición gm ps de g-psoe presentada por d. josé manuel SUÁREZ-PUERTA SIRGADO SOBRE QUE SE REALICE UN PROXECTO DE URBANIZACIÓN DA TRAVESÍA COÑECIDA COMO CAMIÑO DE POZOS EN CORRUBEDO.

23.- PROPOSICIÓN GM BNG PRESENTADA POR D. LUIS ANTONIO PÉREZ BARRAL sobre SOLUCIONAR OS PROBLEMAS DO TRANSPORTE PÚBLICO.

24.- PROPOSICIÓN GM BNG PRESENTADA POR D. LUIS ANTONIO PÉREZ BARRAL sobre DOTAR EN EDIFICIOS PÚBLICOS BAÑOS ADAPTADOS A PACIENTES OSTOMIZADOS.

25.- proposición gm ps de g-psoe presentada por d. josé manuel VILAS ÁLVAREZ SOBRE a delimitación territorial do concello de ribeira.

26.- PROPOSICIÓN GM PP PRESENTADA POR Dna. MARÍA JOSÉ SAMPEDRO FERNÁNDEZ EN DEFENSA DA PESCA E DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS.

PARTE II.- CONTROL ÓRGANOS DE GOBERNO

27.- DAR CONTA APROBACIÓN PLAN ANUAL CONTROL FINANCIERO 2023.

28.- DAR CONTA APROBACIÓN PLAN ORZAMENTARIO A MEDIO PRAZO 2024/2026.

29.- DACIÓN DE CONTA DECRETOS DA ALCALDÍA (ART. 42 DO ROF).

30.- MOCIÓNS DE URXENCIA.

31.- ROGOS E PREGUNTAS.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...