En Ribeira retírase o valado da parada central de buses para facilitar o tránsito de peóns e bicicletas

22 Marzo 2023

O Concello de Ribeira informa de que hoxe se procedeu a retirar o valado de seguridade da
pérgola da Parada Central de Autobuses, fronte á praza Heroínas de Sálvora, dado que, aínda que están pendentes algúns pequenos detalles para o remate da obra, xa está en condicións de poder
permitirse tanto o tránsito peonil como polo carril bici.
Está previsto que a infraestrutura estea completamente acabada a finais do mes de abril, mesmo prazo que se manexa para concluír á remodelación da nave anexa, destinada a funcionar como zona de
espera a cuberto, despacho de billetes, aseos e outros servizos complementarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.