“Diferentes realidades” – José Manuel Pena

27 Marzo 2023

Os que levamos un certo tempo comprometidos en movementos veciñais, sociais e económica, estamos un pouco fartos de ver tanto cinismo e hipocrisía, como o demostran certos personaxes da vida pública, desde políticos, financeiros, empresarios e ata xornalistas e escritores que parecen vivir unha realidade moi diferente á que nos/nos toca enfrontarnos, cada día, á maioría de mortais.

Falan alegremente de cuestións puntuais como os desafiuzamentos, os indixentes, os sen teito, os drogodependentes, os comedores sociais ou sobre as entidades benéficas coma se non fose con eles e o peor é que se atreven a ofrecer consellos e a sinalar a certos colectivos como de fracasados e parasitos sociais, sen pensar que eles son uns “privilexiados”, grazas ao sistema social e económico establecido e que de ningunha maneira queren deixar escapar nin perder.

Habería que lembrarlles a todos estes iluminados, pelotas, especuladores, corruptos e prostitutos do poder, de que ninguén está libre de ser vítima inocente dun abuso ou estafa bancaria, dunha neglixencia administrativa ou simplemente dunha enfermidade crónica ou a perda do posto de traballo para terminar caendo na miseria social e económica. Non podemos cuspir, alegremente, na cara dos demais cando nós temos moita responsabilidade de contribuír, por acción ou omisión, a estas crises económicas, sociais e de valores.

Todos podemos falar dos demais e darlles consello, claro que se, pero poucos son os que poden dar exemplo de humildade e honradez. Estas últimas persoas dedícanse, habitualmente, a traballar e loitar para que a sociedade sexa cada vez máis xusta, solidaria e comprometida con todos os seus membros, sen que ninguén se poida quedar desprotexido dos seus dereitos máis fundamentais e básicos como pode ser o traballo, a educación, a cultura, a saúde, a vivenda … .

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.