Día mundial da Poesía coa lingua e a cultura galega como eixe central

21 Marzo 2023

 A Xunta de Galicia celebra, como cada 21 de marzo, o Día mundial da Poesía poñendo como eixe a lingua e a cultura galega nos actos nos que participan o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, no Carballiño (Ourense), e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, en Vigo.

O secretario xeral de Política Lingüística participou esta mañá no primeiro deles, que reuniu na Insua dos Poetas máis de 300 escolares de sete centros educativos da comarca do Carballiño. Nesta edición, a conmemoración incluíu o desvelamento dos murais artísticos dedicados a Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal e Valentín Lamas Carvajal, así como a plantación de árbores autóctonas. Ademais, estivo amenizada por actuacións musicais e por diferentes representacións do alumnado da comarca nun acto organizado pola fundación Insua dos Poetas, presidida por Luis González Tosar.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades lembrou que a lírica sempre foi “terreo fértil para o cultivo da lingua galega e mesmo base sobre a que alicerzar a súa reivindicación e o seu crecemento cara a novos xéneros e espazos de uso, polo que conmemorar o Día da Poesía é tamén conmemorar o Día da Lingua, dalgún xeito”.

Pola súa banda, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistirá este serán aos actos desta celebración organizados pola Asociación Évame-Oroza de Vigo. 

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...