O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) acolle a vindeira semana, o venres 31 de marzo ás 20.00 horas, a inauguración da mostra Picasso. Gravados ao linóleo. A exposición, cuxa apertura fixada para o 9 de marzo foi finalmente adiada até a última xornada do mes, fai un achegamento pormenorizado a unha das técnicas favoritas do pintor malagueño, o linogravado, na que traballou profusamente a cabalo entre a década dos cincuenta e a dos sesenta do século pasados.
A inauguración contará coa presenza do director do Museo do Gravado, Xoán Pastor Rodríguez, o presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado, Alberto Expósito, o historiador e crítico de arte Carlos L. Bernárdez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado (FMAG) e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e máis a presidenta da Asociación Cultural Barbantia, María Xesús Blanco.




