A mina de San Finx será analizada pola ONU o 22 de marzo

01 Marzo 2023

A Confraría de Pescadores de Noia e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) veñen de dirixir un escrito conxunto ao Comité de Cumprimento da Convención de Aarhus de cara á vista que este órgano da ONU celebrará en Xenebra (Suíza) o próximo 22 de marzo para avaliar os incumprimentos da Xunta nas minas de San Finx e Varilongo, ámbalas dúas propiedade da empresa australiana Pivotal Metals.

As dúas organizacións lembran no comunicado que o feito de “que o proxecto mineiro non se sometera á avaliación de impacto ambiental, impedindo deste xeito a participación pública, supuxo unha violación da Convención de Aarhus, asinada por España en 1998 e que consagra os dereitos de participación pública e acceso á información e á xustiza en materia de medio ambiente”. Achegaron tamén o informe do hidrólogo Steven Emerman, no que se di que a autorización de vertidos que vén de outorgar a Xunta á mina “carece de rigor e pon en risco á ría”.

Por outra parte, rexeitaron a pretensión da Xunta de Galicia de pospoñer a sesión na que o Comité da ONU analizará o caso ata o mes de xuño, tendo alegado a través da Subdirección Xeral de Relacións Internacionais do Ministerio para a Transición Ecolóxica que “non teñen tempo suficiente para preparar a sesión prevista para o próximo 22 de marzo”. As dúas entidades critican esta petición porque “o caso leva aberto dende 2017 e que tanto os comunicantes como a propia Xunta xa remitiron os seus escritos de conclusións en 2019”. Para a confraría, este requirimento da Xunta iría destinado a “impedir que a ONU poida emitir agora un ditame sobre os incumprimentos en San Finx”, unha manobra, sosteñen fontes do pósito noiés, que “ten o obxectivo de gañar tempo e privar ás entidades que mostraron a súa oposición á autorización de vertidos da posibilidade de incorporar o pronunciamento da ONU ás demandas xudiciais que se irán iniciar a raíz dese permiso”.

A confraría e a PDRA agardan que a ONU emita un ditame onde “quede patente que foi vulnerada a Convención de Aarhus” e “se obrigue ao Estado a someter á mina de San Finx a unha avaliación de impacto ambiental no que se consideren todos os seus potenciais impactos, incluíndo á ría de Muros e Noia e os seus bancos de marisqueo”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...