Preto de medio cento de persoas participaron na nova andaina “Coñece o noso patrimonio” do Concello de Outes

29 Abril 2024

Este domingo 28 de abril celebrouse en terras de Outes unha das andainas do ciclo de camiñadas Coñece o noso patrimonio, destinadas como se indica no seu título a desvelar os segredos e tesouros ambientais, culturais, patrimoniais e paisaxísticos do concello. Este domingo foi a quenda do roteiro Camiñando cara a orixe do concello de Outes, un percorrido de 9 quilómetros de percorrido en con saída da Eira do Carme (Brión de Arriba), no que participaron preto de medio cento de sendeiristas. A vindeira andaina será o vindeiro domingo 12 de maio e o prazo para inscricións comezará o luns da mesma semana. Máis información na web municipal.

As camiñadas comezaron o 14 de abril no Centro Náutico do Freixo con Historia do Freixo e Rego do Rial, de dez quilómetros de percorrido.

Logo da experiencia deste domingo 28, o día 12 celebrarase a andaina San Miguel de Valadares e montes de Lantarou, con saída da igrexa de San Miguel de Valadares ás 9.00 horas, e 11 quilómetros de distancia.

O día 26 de maio será a quenda do roteiro Torre dos Mouros e fervenzas de San Paio, con saída da igrexa de San Lourenzo ás 9.00 horas (e con 6,5 quilómetros de distancia).

O día 9 de xuño toca coñecer un dos principais cursos fluviais do territorio a través de Historia ás beiras do río Bendimón. A saída será ás 9.00 horas dende o aparcamento da igrexa de Roo ás 9.00 horas.

O día 23 de xuño péchase a axenda de camiñadas con De Mirás a Carleo polo Cristo de Baneo, con saída ás 9.00 horas da capela do Socorro e 7,5 quilómetros de percorrido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.