A Deputación lanza campaña para denunciar, este 8-M, a precariedade do traballo reprodutivo

03 Marzo 2023

A Deputación da Coruña, con motivo do 8-M, lanzou unha campaña para denunciar a precarización do traballo reprodutivo (o conxunto de traballos que sosteñen a vida diaria da sociedade: o traballo doméstico, mais tamén os servizos públicos de saúde, de educación, da dependencia, do socio-comunitario, da igualdade ou do acceso á vivenda). Trátase da iniciativa É por ser muller, que pon o foco nas actividades laborais precarizadas ou non remuneradas e que constitúen unha das grandes fendas de desigualdade por causa de xénero, segundo sinala a entidade provincial.

Seguir denunciando, máis tamén reflexionando e creando espazos de debate e diálogo ao redor desta cuestión, é o obxectivo da campaña que pon en marcha neste 8-M a área de Igualdade da Deputación da Coruña, que xestiona a deputada María Muíño. Trátase dunha programación que botará a andar o propio mércores 8 de marzo, Día da Muller, no vestíbulo do edificio da Deputación na Coruña, nun acto institucional no que participarán membros da corporación provincial e cunha actuación do grupo musical Fillas de Casandra cos seus temas reivindicativos.

A axenda do 8M da Deputación, como xa vén sen tradición nos últimos anos, abranguerá os meses de marzo e abril, e ao largo do territorio. Así, continuará con palestras, mesas de diálogo e espectáculos musicais na Coruña, Cambre, Betanzos, Ordes, Arzúa, Oroso, Carballo, Cabanas e Zas.

Venres 10 na AC Alexandre Bóveda

A primeira da citas desta programación expandida terá lugar na tarde do venres 10 de marzo, das 16h ata as 19:30h, nas instalacións da AC Alexandre Bóveda.

A primeira das actividades leva por título Voces sobre o marco estrutural do mundo do traballo desde unha perspectiva feminista, e nela participarán Laura Bugalho, especialista en intervención socioeducativa, sindicalista e activista trans feminista; Antía Pérez Caramés, profesora doutora en socioloxía na UDC, e estará moderada por Ana Lorenzo, socióloga e vinculada á economía social e alternativa desde a década de 1990.

Continuará cunha Conversa para dar voz á situación dos dereitos laborais en sectores feminizados, encabezada por Marisol Gómez do SAF de Vilagarcía e por Ángeles Mille, secretaria da Asociación de Redeiras Profesionais O Fieital de Malpica representando a ANMUPESCA. Como moderadora intervirá Mariola Mourelo.

E rematará co espectáculo O benquererse, a cargo de AldaoLado, no que Lucía Aldao e María Lado abordan os temas dos coidados e a precariedade a través das súas propias vivencias persoais. Achegarán unha mestura de poemas, música e historias para facer visíbeis as desigualdades que as mulleres atopan na vida pública e privada.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.