A Deputación da Coruña inviste case medio millón de euros na comarca para crear emprego

28 Marzo 2023

A Deputación da Coruña vén de publicar a  resolución de concesión das axudas do programa PEL-Concellos, a liña do Plan de Emprego Local (PEL) que permite aos concellos coruñeses contratar a persoas desempregadas para a prestación de servizos básicos municipais.

Este ano, un total de 91 concellos coruñeses recibirán preto de 3,5 millóns de euros para contratar a máis de 400 persoas durante un período máximo de un ano.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o “carácter social” desta liña do PEL para fomentar a creación de emprego nos concellos, “que ofrece unha oportunidade laboral a centos de persoas con especiais dificultades para atopar un emprego nun momento económico complexo coma o actual”.

“Impulsar a recuperación económica, a creación de emprego e a apoiar aos colectivos que máis o necesitan son obxectivos fundamentais do  goberno da Deputación que se cumpren neste programa, que ademais contribúe a mellorar servizos básicos nos municipios da provincia”, afirmou Formoso.

As persoas con maior dificultade para atopar traballo serán a prioridade

Á hora de seleccionar o persoal, os concellos deberán aplicar criterios sociais e dar prioridade á inserción de persoas que pertenzan a colectivos con maiores dificultades para acceder a un posto de traballo.

Así pois, beneficiarase a persoas maiores de 45 anos, desempregadas de longa duración, persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, pertencentes a fogares con todos os seus membros sen emprego, vítimas de violencia de xénero, en risco de exclusión laboral ou mulleres. Ademais, dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Entre 19.000 e 75.000 euros por concello

Os importes que  reciben os concellos de menos de 50.000 habitantes varían en función da porcentaxe resultante de dividir o número de persoas desempregadas en cada concello entre o número total de persoas desempregadas nos concellos de menos de 50.000 habitantes, oscilando as contías entre os 19.000 e os 52.000 euros. Pola súa banda, os concellos da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela optaban a unha contía única de 75.000 euros.

Os operarios e operarias, deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas. As axudas destinaranse a sufragar os custos salariais, de Seguridade Social, as indemnizacións por fin de contrato e a formación en materia de prevención de riscos laborais das novas contratacións.

Ademais os concellos deberán ter en conta que as contratacións realizadas ao abeiro deste Programa regularanse polo Real Decreto-Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral.

Desde a súa posta, a liña de PEL-Concellos facilitou unha oportunidade laboral a máis de 3.300 persoas desempregadas da provincia.

3.032 solicitudes de axudas para contratacións e investimentos en empresas

PEL-Concellos é unha das liñas PEL, o maior programa de emprego impulsado por unha administración local en Galicia, que contempla tamén axudas para a contratación de persoal en pemes e microempresas, para investimentos que melloren a competitividade dos pequenos negocios, para apoiar o emprendemento e para sufragar ás cotas á Seguridade Social dos profesionais autónomos da provincia da Coruña.

Este ano, a Deputación recibiu 3.032 solicitudes para optar ás distintas liñas de axudas do PEL, que contan cun orzamento de 11 millóns de euros e que se darán a coñecer nunhas semanas.

BARBANZAIMPORTE CONCEDIDO
Boiro52.000,00 €
Carnota37.000,00 €
Lousame28.000,00 €
Mazaricos30.998,25 €
Muros46.000,00 €
Noia48.241,52 €
Outes37.000,00 €
Pobra do Caramiñal, A46.000,00 €
Porto do Son43.000,00 €
Rianxo48.471,15 €
Ribeira52.000,00 €
TOTAL BARBANZA468.710,92 €

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal mostra xa ao Valle-Inclán máis íntimo

A cesión de obxectos persoais e mobiliario do Pazo da Mercé onde residiu o autor, xunto á súa biblioteca persoal, completa a colección do seu museo na localidade coruñesa. O pleno do concello da Pobra do Caramiñal aprobaba esta mesma semana unha corrección de erros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...