A Casa-Museo Manuel María celebrou a sétima edición do Concurso escolar de recitado poético  da obra de Rosalía de Castro e Manuel María

11 Marzo 2023

 A Casa-Museo Manuel María celebrou este sábado a sétima edición do Concurso escolar de recitado poético da obra de Rosalía de Castro e Manuel María con alumnado de distintos lugares de Galicia.

O certame, que leva por título Rosalía sempre viva, desenvolveuse en dúas sesións, de mañá e de tarde, e contou cunha importante participación. O alumnado participante, de entre os 6 e os 18 anos, realizou un excelente concurso cun nivel altísimo que puxo moi complicado o veredito do xurado.

Os premiados segundo as categorías foron:
-1ª categoría (1º, 2º e 3º de primaria): Dunia Sánchez Costa, do CEIP Canosa-Rus de Coristanco, polo recitado do poema “Caracol” de Manuel María.
-2ª categoría (4º, 5º e 6º de primaria): Paula García Vázquez, do CEIP Península da Paz de Cervo, co poema “O cuco”.
-3ª categoría (Educación Secundaria): Carme Pereira Troncoso, do Colexio Maristas A Inmaculada de Lugo, polo recitado do poema “Tristes recordos” de Rosalía de Castro
-4ª categoría (Bacharelato e Ciclos Formativos): Lucía López Alvariño do IES Santiago Basanta Silva, polo recitado do poema “Eu ben vin estar o moucho” de Rosalía de Castro.

Tamén recibiron unha mención honorífica Lara Arias Sanjurjo do CPI de Xanceda polo poema de Manuel María “A natureza”, na categoría segunda e, por outra parte, Sara Martínez Quindimil do CPI de Xanceda polo recitado do poema “Cando a luniña aparece”

A Casa-Museo Manuel María agradeceu a todos os presentes, alumnado finalista, familias e profesorado acompañante e público en xeral, a súa total colaboración para que a xornada de convivio decorrese con suceso.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.