70,5 M€ as obras de ampliación do Hospital Clínico Universitario de Santiago, que blindará a sanidade pública de 450.000 cidadáns

04 Marzo 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 70.545.891 euros a execución das obras de ampliación do Hospital Clínico Universitario de Santiago, que blindará a sanidade pública de 450.000 cidadáns.

As actuacións, adxudicadas á UTE Dragados S.A., Constructora San José S.A. e Construcciones Ramírez S.L., prevé iniciarse na primeira quincena de maio. Os traballos, contan cun prazo de execución de 42 meses e levarán aparellados 1.400 empregos.

As obras  adxudicadas permitirán á Xunta ampliar a superficie do actual hospital en case un 30%, de modo que se poida mellorar a atención aos pacientes.

Para iso, a través deste contrato, procederase á ampliación do edificio A -no que se atopa a área de hospitalización, os servizos centrais e as emerxencias-, na parte sur do edificio existente cara ao oeste; de forma mimética ao actual edificio hospitalario, para acadar maior integración arquitectónica e funcional, dispoñendo un núcleo de comunicación vertical con 8 ascensores.

Tamén se ampliará a superficie, no caso do edificio A, en preto de 29.000 metros cadrados, acometendo a demolición de 2.000 metros para axustar e encaixar as novas instalacións.

No edificio C -que alberga as consultas externas e as probas funcionais-, a intervención permitirá habilitar case 5.300 metros cadrados de nova superficie.

Neste caso a ampliación executarase cara ao leste, con 5 plantas coincidentes coas actuais, comunicándose cos eixes de circulación xeral do edificio e cun núcleo de comunicacións situado en paralelo ás zonas de espera da fachada sur.

Novas unidades de hospitalización

A ampliación do CHUS fará posible contar con 5 novas unidades de hospitalización con 36 camas cada unha e unha nova unidade de hematoloxía de 28 camas, sumando 208 camas máis dispoñibles e permitindo que todas as habitacións sexan dobres ou individuais.

O aumento de superficie do complexo permitirá, ademais, ampliar as urxencias pediátricas e reformar as de adultos, incorporar 7 novos quirófanos e terá incidencia directa noutras áreas como o laboratorio de microbioloxía, o hospital de día, a unidade de mama, área de endoscopias e consultas externas.

Esta actuación é a culminación da aposta que a Xunta está a facer para a mellora e modernización do Complexo Hospitalario e Universitario de Santiago, que se vén concretando, entre obras e equipamento, nun investimento de máis de 110 M€ só para este complexo desde o 2009 ata 2025.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.