Porto do Son celebrou a súa cuarta mesa local de institucións contra a violencia de xénero

16 Febreiro 2023

Este mércores 15 de febreiro celebrouse en Porto do Son a cuarta xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero. Na reunión, presidíndoa, participaron o alcalde, Luis Oujo, a concelleira de Benestar Social, Magdalena Pérez, e a psicóloga de servizos sociais, Cristina Fontaíña.

Tamén estiveron presentes e achegaron as súas propostas e análises María Tembra e Isabel Santos, traballadoras sociais dos Servizos Sociais comunitarios do Concello de Porto do Son; Sergio Seoane, traballador social do Centro de Saúde de Porto do Son; María Dolores Crujeiras, avogada do CIM de Ribeira; Sergio Paz, sarxento da Garda Civil de Porto do Son; Cristina, cabo do Equipo Vioxén da Garda Civil de Noia; María Quintaro, traballadora social do Hospital do Barbanza; Elena González e Loli Fernández, a orientadora e a xefa de estudios do IES de Porto do Son; e Julia Veiro e Isabel Castiñeiras, psicóloga e avogada do CIM de Noia.

As mesas locais nacen co obxectivo de canalizar os esforzos e recursos das diferentes institucións de cara á prevención e loita contra a violencia machista. Segundo salientou o Concello de Porto do Son, “a súa natureza insterinstitucional facilita o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as diferentes institucións e colectivos sociais que interveñen no territorio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.