O Ppde G presenta os seus candidatos ós 313 concellos galegos

25 Febreiro 2023

Un acto o que asistiron os candidatos populares da comarca de O Barbanza, marca o inicio da precampaña para as eleccións municipais de maio, coa presentación dos seus candidatos aos 313 concellos ante máis de 4.000 persoas no Multiúsos do Sar, en Santiago.

No mesmo escenario no que hai un ano anunciaba a súa candidatura a presidir o PP, Alberto Núñez Feijóo dixo que ve o seu partido máis ilusionado ca nunca e preparado para volver gañar as eleccións.

“Creo que acertamos, que temos un presidente de Galicia para moitos anos, que é o que Galicia necesita, ter cousas que duren”.

Modelo que contrapón ao do Goberno. Acusou a Pedro Sánchez de estar en campaña permanente con decorado e figurantes. Afirmou que España “ten un Goberno de colisión e non de coalición, que é noticia polas leas” e defendeu que Sánchez crea problemas por non escoitar os que saben.

“Sánchez xestionou a pandemia sen escoitar os médicos, presume de feminismo, sen escoitar as feministas, fai leis sen escoitar os xuristas e ultimamente fai trens sen escoitar os enxeñeiros”.

Feijóo dixo que “Galicia non sería o que é sen este PPdeG” e repasou a súa carreira como presidente da Xunta para vaticinar un cambio político en España.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...