Proseguindo cos cursos de poda impulsados polo Concello de Ribeira antes da pandemia, véñense de convocar dúas novas accións formativas teórico-prácticas de carácter gratuíto.
Así, nesta ocasión os cursos terán lugar nas parroquias de Olveira (do 1 ao 3 de marzo) e Carreira (do 2 ao 4 de marzo), en horario de 17 a 21 horas.
Admítese un máximo de 20 participantes por grupo e as inscricións terán lugar a partir do próximo luns 20 de febreiro, ata cubrir prazas. Para isto cómpre anotarse na Oficina de Atención Cidadá, situado no andar baixo do Concello.
Como requisitos cómpre ser maior de idade e estar empadroado no Concello.



