O BNG reclama á Consellería de Sanidade cubrir a praza de persoal médico que recortou no concello de Corrubedo

08 Febreiro 2023

O BNG esixiu no Pleno do Parlamento a cobertura da praza de persoal facultativo recortada polo Goberno do PP no ano 2020 e que provoca que a veciñanza da localidade, moita dela xente de idade avanzada, teña que acudir a Ribeira para recibir atención sanitaria.

A deputada do Barbanza, Rosana Pérez, denunciou que, no caso de Corrubedo, a veciñanza “denunciou a falta do único médico do seu consultorio dende o 7 de novembro, tendo que desprazarse a Ribeira para ser atendida nun centro de saúde”, centro médico aqueixado dende “hai moito tempo” por unha falta, tamén, de persoal médico. Un consultorio, o de Ribeira, que segundo os datos da propia Xunta, sen actualizar dende 2017 atendéronse 5.156 consultas de medicina xeral e 3.663 de enfermería, “que número de cartillas consideran vostedes suficiente?”, inquiriu, en alusión á escusa que Sanidade emprega para manter sen facultativo a praza.

A parlamentaria nacionalista advertiu que esta situación de rpecarización do servizo público “fáise máis insostíbel cando a Consellería bota man do persoal do centro de saúde de Ribeira, onde teñen a metade do que lle corresponde; ou mesmo do que atende, tamén de xeito incompleto, o consultorio de Palmeira”. Agravios que se suman aos peches da consulta sen información previa ás persoas usuarias, “ata cando vai manter este despropósito?” reclamou saber ao conselleiro de Sanidade, García Comesaña.

O caso de Corrubedo, xunto coa crise actual da Atención Primaria en Galiza, argumentou Pérez, é un caso que suma “ao empeoramento galopante da calidade asistencial sen que a Xunta de Galiza poña os medios necesarios para solucionar a gravísima situación que vive a atención primaria en Galiza” , concluíu.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...