“Falemos do goberno” – Xulio Xiz

10 Febreiro 2023

Se Tip y Coll marcaron época pechando as actuacións coa promesa ou ameaza de “falar do goberno” a semana seguinte, eu non adoito falar del porque me queda lonxe e decisións tan superiores son difíciles de entender desde abaixo, mesmo porque temos outros gobernos que tratan asuntos máis próximos.

Non lle chamarei Goberno Frankestein, chascarrillo intelixente por comparación co ser ideado por Mary Shelley feito por pezas inconexas, pero si penso que – sendo legal e suponse que gobernable – xuntar dous grupos de corazóns que laten en distinta frecuencia, aínda nun fermoso love story político, non estará exento de taquicardias.

Os gobernos da nosa beira, unión de sensibilidades diferenciadas, amañan repartindo esferas de poder e as friccións non chegan ao río. As colisións no goberno nacional non son máis fondas porque o Presidente ábrese de mans e investimentos. Ata agora, que coa Lei que permite/obriga aos xuíces a abrir mans que deberían estar pechadas, soan as alarmas pola rebaixa de penas a culpables dos delitos máis infames.

Quen impulsou a lei non retrocede, malia o arrepío popular e o descrédito para o sistema, e unha significada dirixente afirmou que “hai que axudar aos maxistrados para que lean ben as leis, xa que a veces teñen dificultades”.

Se ensinan leis aos xuíces, quererán dicirlles aos profesores como ensinar e aos cirurxáns onde hai que cortar, cando ás veces non parecen ter carga de seu nas alforxas.

Sánchez, por presións do PSOE de provincias, parece que vai actuar de presidente e retocar o que non funciona como se pretendía. Se o consegue, a próxima semana ao mellor temos motivo para falar ben do goberno.

Outros artigos

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...

+

“Del minifundio a las permutas”. José Castro López

Una de las causas del atraso económico de Galicia fue el minifundio, la división de la propiedad rural en fincas de dimensión tan reducida que no solo dificultaba la explotación y hacía inviable su rentabilidad, también generó graves tensiones entre propietarios de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un discurso real que compromete a la juventud”. Carlos Moledo

“Un discurso real que compromete a la juventud”. Carlos Moledo

Había expectación tanto en los ámbitos políticos como en el conjunto de la ciudadanía española por conocer la opinión de la Casa Real en el protocolario acto de inauguración oficial de la XV Legislatura de las Cortes Generales, ocurrida ayer en Madrid.Un interés que...