O domingo 12 de febreiro celebrarase a Andaina Noia 25k, unha camiñada deportiva con distancias de 15 e 25 quilómetros que forma parte do Open de andainas 25 Km de regularidade da Xunta de Galicia. A proba foi presentada este luns 6 no salón de plenos do Consistorio. Participaron no acto os representantes do Club Trabandainas e da Concelleira de Deportes, incluída a concelleira Laura Salgado. Segundo fixeron saber, o prazo para inscribirse remata este xoves 9 de febreiro e non é preciso estar federado para poder participar. Quen precise máis información ou formalizar a inscrición pode facelo a través da web trabandainas.com.

Información da ruta
Data: 12 de febreiro 2023
Distancia: Rutas circulares de 25 km e 15km, aprox.
Dificultade: 25km media-alta e 15km media
Peche de Inscricións: 9 de febreiro, ás 23:59 horas
Entrega de dorsais: dende as 8:00 ata as 8:45 horas
Punto de Saída: IES San Alberto
Inicio da Andaina de Noia 25 km: 9:00 horas
Inicio da Andaina de Noia 15 km: 9:10 horas
Punto de Chegada: Polideportivo do Instituto San Alberto
Tres avituallamentos e petiscos ao final da ruta, coa entrega de premio




