En Ribeira o tramo en obras de Rosalía de Castro será cortado ao tráfico a partir do luns para proceder ao seu fresado e pavimentación

26 Febreiro 2023

O Concello de Ribeira informa de que con motivo das obras de dotación de plataforma única
na rúa Rosalía de Castro (tramo Marcial del Adalid – rotonda da Serea) a partir deste luns será preciso cortar á circulación a zona afectada coa fin de proceder ao fresado da calzada e posterior pavimentación con formigón.
As previsións apuntan a que estes labores teñan unha duración de tres semanas. Entrementres, os condutores que precisen dirixirse ao entorno da praza do Concello poden facelo ou ben a través da rúa
Alcalde Fernández Bermúdez ou ben a través de Marcial del Adalid, previo paso por Cristóbal Colón.
Por outra parte, cómpre informar de que no transcurso da semana que vén tamén está prevista a renovación da pavimentación das rúas Canarias, Mariño de Rivera e Galicia (tramo non peonil), razón pola
cal a circulación polas mesmas sufrirá interrupcións temporais na medida en que así o demande a realización dos traballos.

Outros artigos

Detido en Boiro un home por venda de cocaína

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido vendendo cocaína na vía pública. A investigación iniciouse grazas a comunicacións anónimas recibidas, que alertaban...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...