“Ecoloxía e velocidade” – Xulio Xiz

03 Febreiro 2023

Por coidar que entendo do tema, alguén de preto consúltame sobre a conveniencia de presentarse a un concurso que convoca o Concello de Lugo para a adxudicación da confección e montaxe dunha exposición sobre temas ecolóxicos que se incorporará ao novo edificio situado entre as grandes superficies comerciais de Duquesa de Lugo, que seica é o último berro en cuestión enerxética aínda que de discutida asunción estética.

Con tempo, información e tema suxerente, atráeme o mundo das exposicións polas especiais posibilidades de achegamento ao público de temas de interese xeral, sexan culturais, sociais… ou ecolóxicos.

Pero neste caso a montaxe debería utilizar madeira e materiais reciclados, obter a información da web do concello, confeccionar audiovisuais en base a outros xa existentes, e non sei cantas cousas máis cun orzamento de pouco máis de catorce mil euros. Eu contestei que non vía moitas posibilidades de afrontar un tema tan complexo, por amplo prazo que houbese para a súa realización.

Cando me indican que todo iso ten que estar montado no edificio futurista, templo da ecoloxía, o dez de febreiro próximo, opino que non deben meterse en aventuras con tan pouca posibilidade de futuro.

Co cal veño comprobar que non entendo destas cousas como para opinar sensatamente sobre o tema, porque para poder aconsellar que participen no concurso, creo que deberían ter iniciado ese traballo hai catro ou cinco meses, telo rematalo hai unhas semanas, e sen risco de infarto inauguralo o próximo día dez.

Non hai nada que facer. Os anos, non perdoan.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...