
Un total de catro agrupacións fixeron as delicias do numeroso público congregado na carpa de Entroido situada no Malecón, con motivo da celebración na
tarde de onte no Festival Infantil de Murgas e Comparsas de Ribeira.
Así, as formacións representantes das asocicacións El Tomasón, Alfaia, Amencer e Alfa Ribeira cativaron aos espectadores cos seus bailes e cancións, logo do desfile previo polas rúas do municipio.

Rei do Entroido
No transcurso do evento tivo lugar ademais o nomeamento do Rei do Entroido de Ribeira: unha distinción outorgada entre os máis partícipes cos seus aplausos do público asistente, e que recaeu en
Antonio Fernández Ageitos, seleccionado tras superar cun baile a outras dúas persoas finalistas (Mery Calo e Manola Monteagudo).
Antonio recibiu a capa e a coroa de Rei do Entroido, ademais dun agasallo no nome da organización.
Tamén actuou a charanga O Santiaguiño de Padrón, en tanto que o técnico municipal Unai González encargouse da condución do evento.

Festival adulto
Cómpre lembrar que na tarde de hoxe domingo terá lugar a partir das 19 horas o festival e concursde categoría adulta coa participación de dúas comparsas e seis murgas: Comparsa da Asociación Haveira,
Comparsa da Asociación de Veciños de Carreira, Murga da Residencia do Maior de Ribeira, Murga ANPA EEI Caamaño: “Imos de excursión”, Murga Aquelarre Portus Ébora: “A quen lle importa”, Murga Asociación Cultural Haveira: “Remember Grease”, Murga Tarde Mal e Arrastro: “Paraíso de África” e Murga ToleArte: “Tu tu ru tu tu ru tu tu” Isabel Risco será a presentadora deste evento que terá lugar na Carpa do Malecón. Antes, a partir das 17 horas, a comitiva sairá do Auditorio municipal para protagoizar un desfile polas rúas da cidade na que participarán tamén tres charangas.



