A mocidade #Movealingua polo Día dos Medios en Galego

10 Febreiro 2023

Cada 7 de febreiro Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra asaída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua. Aló por 1876, Valentín Lamas Carvajal editaba en Ourense ‘O Tío Marcos d’A Portela’.
Para celebralo, a Asociación de Medios en Galego, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, organizou nun ministestival de música galega contemporánea cos concertos de Grande Amore e Ortiga.
Coas entradas esgotadas practicamente en dúas horas, a Sala Capitol acolleu un ambiente espectacular, no que se demostrou a conexión da rapazada coa música do país, feita na nosa lingua.
“Fai máis o que faga Ortiga ou Grande Amore no escenario que o que poidamos dicir todos os políticos sobre a lingua”, apuntaba ben Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística.
Grande Amore puxo a mover a lingua, e o esqueleto, ás 800 persoas que encheron a sala, cos seus ritmos electrónicos e as súas crúas letras. Ver á rapazada cantar a capela “esta pena que a veces teño” foi espectacular. Ortiga, coa compañía de Cibrán García, o seu alter ego de Boyanka Kostova, sacou a
verbena a rodar, convertindo en cumbias grandes mitos da música popular galega, mesmo baixando a cantar co seu entregado público.
140 medios
O evento serviu ademais para que a mocidade da capital galega coñecese de primeira man a existencia de 130 medios que utilizamos a nosa lingua como vehículo. A AMEGA lanzou un vídeo promocional antes de comezar os concertos e os artistas lembraron sobre o escenario a data que celebramos.

A AMEGA está formada a día de hoxe por máis 50 medios, entre eles Cóodigo Ceroe O Barbanza e codigocero.com e obarbanza.gal.
Toda a información en https://mediosengalego.gal/

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...