“A Coruña: o poliducto, a refinería e o porto exterior”. Antón Luaces

24 Febreiro 2023

Rematado o novo poliducto que conectará as instalacións de Repsol no porto exterior de Langosteira coa refinería de Bens, na Coruña, o vindeiro 3 de maio vai ter lugar a inauguración oficial da Terminal de petroleiros que Repsol ten situada no devandito porto exterior. Con esta estrea o crú circulará polo novo poliducto (tubaxe de calibre groso para o transporte de petróleo e outros líquidos e gases) ao mesmo que o peirao continúa a recepción de produtos refinados.

Esta modificación nas instalacións petrolíferas de Repsol na Coruña, signifcará unha operación económica, social e portuaria marcada pola liberación do peirao de San Diego no que, desde vai perto de 60 anos, operaba a compañía petroleira Campsa e, posteriormente, a actual Repsol. As operacións desta empresa van ter continuidade ata o ano 2027 que remata a concesión. Deste xeito, o resto de produtos refinados aquí elaborados seguirán chegando ao anteriormente citado peirao, polo menos de momento.

Para chegar a esta situación, Repsol investiu máis de 126 millóns de euros na obra mariña do pantalán, o poliducto, as instalacións auxiliares e as pertinentes modificacións nas do centro de refinado de Bens. Ese novo poliducto conectará as instalacións de Repsol no porto exterior coa refinería  nun percorrido de 3,8 quilómetros de lonxitude  e 11 tuberías das que dúas están destinadas ao transporte de crú: unha trasegará as augas e as oito restantes levarán ás termináis outros produtos. Unha nova estrutura disposta para evitar que o crú continúe a circular polo  vello poliducto que obrigou no seu día a abrir moi importantes fendas en barrios da cidade que mesmo deron nome a un destes: viaducto.

Vai 59 anos que chegaba ao peirao de San Diego o primeiro petroleiro, o “Valmaseda” , que desde 1964 foi un asíduo visitante do porto da Coruña. Chegou cunha carga de 20.000 toneladas de petróleo e abriu unha extensa lista de petroleiros que promediaban máis dun cento cada ano para depositar nos pantaláns petrolíferos do porto coruñés a súa prezada, perigosa e cara carga. Inesquecibles, a máis, os accidentes  de `petroleiros aquí rexistrados; o “Urquiola” e o “Aegean Sea” (ou “Mar Exeo”), así como os verquidos rexistrados nas manobras dos buques para a carga e descarga dos produtos.

Cando as función do peirao interior da refinería deixen  de estar en disposición de prestaren servizo, a Autoridade Portaria da Coruña liberará un espazo de case que 400.000 metros cadrados (incluida a terminal).                                    

Outros artigos

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.