Unha colisión entre dous coches en Salvaterra de Miño saldouse cun home falecido e tres feridos

07 Xaneiro 2023

Morre un veciño de Vigo, e a súa muller e a súa filla sofren feridas graves, tras chocar frontalmente contra un coche que se saltou a mediana na A-52

Garda Civil

Os feitos sucederon no punto quilométrico 290 da A-52. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos servizos de emerxencia, nun dos coches accidentados circulaban un home, unha muller e un bebé. Por mor do impacto, o home resultou falecido e os outros dous ocupantes feridos. No outro turismo implicado viaxaba un único ocupante, que tivo que ser excarcerado polos Bombeiros do Porriño e polos efectivos do GES-SPEIS de Ponteareas. Posteriormente, foi trasladado a un centro hospitalario, ao igual que o meniño e a muller. Os Bombeiros tamén utilizaron o material de excarceración para liberar o corpo do falecido.

Cómpre sinalar que o vehículo no que circulaba o único ocupante tivo unha saída de vía, saltou a mediana da autovía e rematou batendo co coche no que viaxaba a familia en sentido a Benavente.

Varias persoas chamaron ao 112 Galicia para alertar da colisión, entre elas a muller ferida, a través do sistema E-Call do vehículo, ás 10:30 horas.

De xeito inmediato, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Porriño, dos efectivos do GES-SPEIS de Ponteareas, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.