Un coche caeu por un terraplén de cinco metros

07 Xaneiro 2023

En Cee, un home resultou ferido ao caer o coche que conducía por un desnivel duns cinco metros. O accidente produciuse na estrada que vai de Cee a Muros, na ponte de Brens. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente ao fío das 23:30 horas.

A partir de aí, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos membros de Protección Civil, o turismo rematou nunha leira e foi necesario que os Bombeiros auxiliasen ao ferido para saír do vehículo e evacualo ata a ambulancia nunha padiola. Posteriormente, o home accidentado foi trasladado polos servizos sanitarios ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...