Tabú, de Carmen Conde, chega este sábado a Porto do Son

27 Xaneiro 2023

A xira Tabú, de Tarabela Creativa, chega este sábado pola tarde-noite a Porto do Son. Será na Casa da Cultura da vila sonense a partir das 20.00 horas. A entrada será de balde. Trátase dunha función teatral abeirada á Rede Cultural da Deputación da Coruña. Tabú é unha obra de Carmen Conde que xorde directamente das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, O Morrazo, O Courel, A Mariña Lucense, A Costa da Morte ou O Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual. A vertente musical da obra vén da man de Nastasia Zürcher.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.