A Confraría de Pescadores “San Telmo” do Porto do Son organiza este outono un curso de competencias dixitais para profesionais do sector pesqueiro. Farao en colaboración co Concello de Porto do Son. A actividade formativa levarase a cabo o 10 de outubro na aula de actividades náuticas do Club de Xubilados.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de outubro e as persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas da Confraría, en horario de 8.00 a 14.00 horas (dende o 21 de setembro, o horario de oficinas será de 8.00 a 15.00 horas).
Esta formación é totalmente gratuíta e será imprescindíbel acreditar vinculación co sector marítimo mediante a presentación do certificado de Mariñeiro Pescador ou calquera tarxeta profesional. Ademais, terán prioridade de acceso, por esta orde as persoas socias da entidade e as persoas familiares dos socios e socias da entidade.
No caso de haber máis persoas inscritas que prazas ofertadas, procederase a realizar sorteo mediante aplicación informática.




