Sometida a información pública a mellora de 66 paradas de autobús nos concellos de Dodro, Padrón, Rois, Santiago, Vedra e Teo

02 Xaneiro 2023
O delegado do Goberno galego na Coruña, Gonzalo Trenor, informou que esta intervención suporá un investimento autonómico de 1,8 millóns de euros

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Vedra, Carlos Martínez, informou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de mellora de 66 paradas de autobús en seis concellos da comarca de Santiago que suporán un investimento de 1,8 millóns de euros.

Trátase, dixo, dun dos proxectos do Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas, co que a Xunta ten previsto investir arredor de 35 M€ para a mellora de 1.100 paradas en toda Galicia.

O proxecto de hoxe se somete a información pública abrangue 66 paradas nas rutas situadas na zona sur de Santiago concretamente nas estradas AC-241, AC-242, AC-301, AC-307, AC-453, AC-543, AC-841, e AC-960. Estas intervencións afectarán a un total de 55 parcelas, a cuxa expropiación se destinarán algo máis de 70.000 euros.

Concretamente, no concello de Vedra, melloraranse 10 paradas; en Dodro 2; en  Padrón 2; en Rois 9; en Santiago de Compostela 8 e en Teo 35 paradas. En total o proxecto contempla a mellora de 66 paradas.

Segundo explicou Gonzalo Trenor as intervencións previstas suporán o acondicionamento dos carrís para a parada do autobús, a mellora da accesibilidade e a pavimentación da contorna coa execución de sendas ou beirarrúas. Tamén se prevé a instalación de novas marquesiñas, ademais de actuacións complementarias de drenaxe, condución de servizos ou colocación de varandas para protexer aos usuarios aí onde poida haber desniveis.

Trátase dunha das actuacións enmarcadas no programa da Xunta para actuar en máis de 1.100 paradas de autobús en estradas autonómicas co fin de mellorar a súa seguridade e accesibilidade, o que suporá un investimento global arredor de 35 millóns de euros.

A iniciativa forma parte do Plan de infraestruturas para unha mobilidade segura, verde e intelixente da Xunta de Galicia.

A medida está financiada ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea–Next Generation EU e enmárcase no Plan de infraestruturas da Xunta para unha mobilidade segura, verde e intelixente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.