Pontón presenta o proxecto municipal do BNG para a Comarca de Muros-Noia

29 Xaneiro 2023

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou en Mazaricos no acto de presentación das persoas que encabezarán as candidaturas do BNG na comarca de Muros-Noia: María Lago (Muros), Anxo Núñez (Outes); Ricardo Suárez (Noia); Anxo Moledo (Lousame); Balbino González (Porto do Son) e Juan Blanco, actual alcalde de Mazaricos, que volve liderar a candidatura do BNG o 28M.

“Noraboa a todos e a todas, sei que ides a por todas nestas eleccións municipais, sei que non vós poñedes limites á hora de defender os vosos concellos e os intereses dos vosos veciños e veciñas, e sei que co voso esforzo o BNG vai obter un resultado histórico en Muros, Outes, Noia, Lousame, Porto do Son e que revalidaremos con máis forza o goberno de Mazaricos”, proclamou a líder nacionalista.

Seís concellos diversos, con características propias, pero concellos que comparten necesidades e demandas da veciñanza. Concellos que pertencen á Galiza rural, sexa de interior ou de costa, e soportan problemas comúns como o abandono, a falta de servizos, a perda de poboación, en particular de xente moza, a falta de comunicacións que cubran as demandas da veciñanza, explicou Pontón na súa intervención.

“Sabemos moi ben as consecuencias que ten sobre a cidadanía os recortes nos servizos públicos do PP, moi especialmente da sanidade, e hoxe é case imposible atopar un concello que non teña carencias de persoal sanitario, que non teña centros de saúde ou PACs con menos médicos e médicas das que precisa, como sucede nos municipios desta Comarca”, denunciou, “moi especialmente co servizo de pediatría, porque o PP déixanos unha sanidade galega na que miles de nenos e de nenas non teñen pediatra asinado”.

“Con esta falta de servizos para a infancia, sobre todo no rural, non se combate a crise demográfica gravísima que ten o País”, denunciou a portavoz nacional, quen destacou o compromiso dos concellos de Bloque na defensa dos servizos públicos como a sanidade, “porque estamos falando da saúde das persoas e con iso non se xoga”.

Envellecemento da poboación

Pontón fixo referencia ao reto que supón o elevado envellecemento da poboación nos concellos da comarca. “O problema non é que haxa moitas persoas maiores, o problema e que nacen poucos nenos e nenas e que a xente moza marcha fora”, recalcou, destacando a capacidade dos concellos do BNG para poñer alternativas e solucións ás necesidades reais da veciñanza, como demostra o goberno local de Mazaricos liderado por Juan Blanco.

“O concello de Mazaricos marca a diferencia, porque puxo en marcha unha residencia da terceira idade e tres casas de atención ás persoas maiores. O BNG demostra desde os concellos que hai outra maneira de gobernar, a favor da xente”, recalcou.

Transporte público, mobilidade

O proxecto de Goberno municipal que ofrece o BNG para a comarca inclúe alternativas aos problemas de mobilidade, porque defende “un transporte público de calidade á medida das necesidades da veciñanza, e propoñemos unha liña de transporte público que vertebre todos os concellos da comarca, que garantice á mobilidade entre todos eles”. De novo, Mazaricos, como referente.

“Mentres o Goberno do PP na Xunta está cruzado de brazos, o BNG actúa, e aí está o goberno de Mazaricos tomando a iniciativa, cun transporte público á demanda para garantir a comunicación de toda a veciñanza co centro do concello”, argumentou.

Dinamizar a economía localización

Outra das cuestións que o BNG considera clave, explicou Pontón, é dinamizar a economía local, o comercio de proximidade e promover os principais sectores produtivos da contorna, sectores como o turismo, esencial nos concellos de costa como Muros, Noia, Outes e Porto do Son, ou como o agrogandeiro, importante en Outes e esencial en Mazaricos.

“Temos un sector leiteiro puxante e punteiro en Mazaricos,  pero grazas ao bo facer do goberno do Bloque, este concello logrou tamén dar un gran salto adiante no sector turístico, aumentando a súa oferta de aloxamento,  atraendo visitantes e actividade económica promocionando o seu patrimonio natural e a súa gastronomía local”, recalcou.

“Os gobernos municipais do BNG marcan a diferencia, son un exemplo de eficacia na xestión, de transformación en positivo, capaces de mellorar a vida dos veciños e das veciñas. Aí están todos os avances que vemos en Mazaricos e, sobre todo, quero destacar que eses avances fixeron que a veciñanza sinta orgullo do seu concello,  orgullo de participar en comunidade, por iso ten un movemento asociativo tan intenso e participativo”.

Saneamento das rías e preservación do medio

A xestión dos residuos, como maneira de loitar contra o cambio climático, figura igualmente entre as propostas do Bloque para estes concellos, e dentro da preservación do medio natural é fundamental o completo saneamento das rías nos concellos de Muros, Noia, Outes e Porto do Son, “porque estamos falando dun ecosistema que é tamén motor económico, de creación de riqueza e de emprego”.

A comarca tamén se ve ameazada polo boom eólico depredador que promove o Goberno do PP, dando “barra libre á instalación de parques eólicos para que o lobby eléctrico siga forrándose a costa de espoliar os recursos naturais de Galiza, pasando por riba do rural e da xente que vive no rural”, denunciou.

Grazas a mobilización social, na que o BNG estivo man a man coa veciñanza, lográronse parar moitos dos proxectos-espolio que pedían as eléctricas. E no caso de Mazaricos, a xestión do concello logrou que polo menos o municipio tivese unha compensación económica.

“Pero nesta comarca, igual que no resto do País, o BNG seguirá traballando para que a gran oportunidade que é para Galiza a enerxía eólica se deseñe de acordo ao interese de Galiza e para beneficiar a maioría social, en particular no medio rural”, recalcou Pontón, que destacou que a campaña vaise desenvolver nun momento moi díficil para a maioría pola crise de prezos. “Hai que estar ao lado da xente e ofrecer solucións e alternativas de futuro”, instou.

“Servizos públicos de calidade,  promover o tecido económico local para xerar riqueza e emprego, mellorar as comunicacións, poñer os recursos naturais dos concellos ao servizo da veciñanza, forman parte das prioridades do BNG para esta comarca de cara ás  eleccións do 28M”, sintentizou.

“Unha cita electoral na que saímos a por todas, sen poñernos límites porque, estou convencida, imos ser a forza que máis suba e aumentar a nosa representación con máis alcaldías, máis concelleiros e máis concelleiras, tamén nesta comarca. Estou segura que todos e todas ides dar o mellor de vós,  explicando as propostas do BNG cara a cara, porta a porta. Nos nós poñamos límites e vaiamos a por todas para darlle á esta comarca máis gobernos do BNG capaces de mellorar a vida da xente”, concluíu.

Outros artigos

A Marea de Noia require unha inspección da ETAP

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, presentou un escrito ante a inspección de sanidade sobre a auga municipal no que require ao dito departamento unha análise exhaustiva da ETAP (Estación Tratamento de Auga Potábel) para verificar o estado da mesma e do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Todo preparado para a Semana Santa na ría da Estrela

Na ría da Estrela (ría de Muros e Noia) prepararon estes días até os máis miúdos detalles para recibir aos visitantes de Semana Santa. "Aqueles que buscan historia, contorna, gastronomía, atoparano neste roteiro que axunta os concellos de Lousame, Muros, Noia, Porto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...