Os socialistas de Ribeira piden mellorar os accesos ao Dolmen de Axeitos

18 Xaneiro 2023

O grupo do PSOE de Ribeira, a través do seu concelleiro-voceiro José Manuel Vilas, presentou para ser debatida en pleno unha proposta relativa ao Dolmen de Axeitos e aos seus accesos, que, segundo sinalan, cómpre que sexan plenamente visibilizados ante os turistas que se acheguen ao termo municipal. Segundo recordan, “o Concello de Ribeira está declarado Municipio Turístico Galego, e unha das causas desta declaración non é outra que a presenza do Dolmen de Axeitos, unha construción megalítica megalítica prehistórica datada do IV milenio antes de Cristo, tamén coñecida como Pedra do Mouro ou Anta de Axeitos, que hoxe en día constitúe un dos principais atractivos do concello”.

A xuízo do grupo, malia tratarse dun dos monumentos funerarios máis coñecidos de Galicia, xunto co Dolmen de Dombate, e malia poñer no mapa o noso municipio, non está plenamente visibilizado ante os visitantes. De feito, sinalan, “a forma de chegar a el podía e pode mellorarse”.

O grupo socialista sinala que a vía de comunicación actual, tanto desde Agrelo, como de San Martiño, “faise complicada”, pese a ter una zona aceptábel de estacionamento público.

“Propoñemos a mellora de comunicación a través do camiño veciñal, que vai dende A Gándara ata Axeitos, pasando pola Granxa de Campelos, o que entendemos como unha actuación para poñer en valor e para a conservación deste elemento megalítico, de gran interese supramunicipal”, indican, engadindo os seguintes puntos na súa proposta de actuación:

1.- Que polos departamentos correspondentes do Concello, e contando co asesoramento da experta municipal de Turismo, e coas achegas e datos técnicos pertinentes, sexa elaborado un estudio/proxecto técnico dunha pavimentación do camiño público de A Gándara a Axeitos; contemplando as obras necesarias para salvar o regato de Aldimonde.

2.- Que sexa considerada a implantación dunha senda peonil anexa a vía rodada (camiño de Rodeiro 9043), lonxitude 1.100 metros.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.