Os Reis Magos veñen cunha axenda completa de actividades en Porto do Son

05 Xaneiro 2023

As Súas Maxestades de Oriente teñen argallado en Porto do Son un percorrido que os vai levar por todas as parroquias (dez) do termo municipal ao longo da xornada do 5 de xaneiro. Isto polo que respecta ao percorrido oficial que xa comunicamos os días pasados dende O Barbanza. Ademais, farán paradas especiais en Baroña (onde a veciñanza, a través da Comisión de Festas de Baroña 2023, vai recibir ás Súas Maxestades a partir das 17.00, cunha gran cita festiva onde non faltarán “sorpresas, animación e mesmo un percorrido polas aldeas”) e máis en Portosín. Nesta última vila, a Asociación de Empresarios (AEP) e a Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín xuntaron forzas para facer posíbel a chegada por mar da comitiva real, a partir das 16.30. Os Reis Magos farán un percorrido pola vila e logo achegaranse ao local da Confraría onde recibirán á cativada e desfrutarán dunha chocolatada. A festa virá acompañada da vertente musical de DJ Machito GT.

Periplo polo concello

O periplo da comitiva real visitará todas as parroquias do termo sonense durante todo o día e rematará na fachada marítima da vila sonense, acompañada (e acompañando) da ruada A Raíña do Nadal. Dende o Concello recomendan á veciñanza que tomen nota dos horarios aproximados do itinerario e as súas paradas.

#Miñortos / Igrexa >>> 10:00h – 10:20h

#Portosín / Praza do Curro >>> 10:35h – 11:00h

#Nebra / Local da Comunidade de Montes >>> 11:30h – 12:00h

#Noal / Fronte á fonte de Cabanela >>> 12:20h – 12:40h

#Baroña / Bar 85 >>> 13:00h – 13:15h

#Queiruga / Casa da Cultura >>> 13:30h – 14:00h

#Caamaño / Casa da Cultura >>> 16:00h – 16:30h

#Xuño / Casa da Cultura >>> 16:45h – 17:10h

#SanPedro / Casa da Cultura >>> 17:25h – 17:50h

#PortoDoSon / Comezo da ruada ás 18:10h

Nota importante: O Concello explica tamén que “debido á estrutura do vehículo, só se realizarán paradas nos puntos de encontro indicados. As nenas e os nenos que o desexen poden entregar as súas cartas ás Súas Maxestades nos puntos de encontro establecidos”. Dende o Consistorio tamén aconsellan seguir a información publicada nas redes sociais “por se houbera que facer algunha puntualización en función do tempo que teñamos ese día”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.